Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xullo de 2023

Na lingua que eu falo... con Gisela Tomé

Na lingua que eu falo é unha serie de entrevistas con persoas que fan da lingua un medio de expresión pero tamén unha elección individual e comprometida.

Gústanos cando podemos coñecer un pouco máis as familias que nos acompañan no Apego. As que nos visitan, nos contan cousas, nos inclúen no seu proxecto familiar e veñen compartir con nós.

No caso de Gisela Tomé, mamá dunha pequerrecha de catorce meses, é un chisquiño máis complicado xa que vive fóra, no Reino Unido. Aínda así, cada vez que pode fainos unha visitiña para falarnos dos proxectos nos que traballa aló.

Gisela traballa con linguas en perigo de extinción. Segundo os criterios da UNESCO, linguas que están en risco de perder falantes, perder espazos de uso e non ser transmitidas ás seguintes xeracións. Está mergullada en proxectos de investigación sobre linguas e tamén traballa co galego na diáspora, algo sobre o que nós non deixamos de sorprendernos e tamén de sentir moito orgullo.

Desta vez achegounos un proxecto ben bonito que se está xestando. Gisela traballa con linguas en vías de extinción. Linguas das que queda moi pouca xente falante e que, ademais, complican a súa situación por ser ágrafas, por non ter expresión escrita.

N.L: Cóntanos un pouquiño do teu traballo.

Gisela: Son profesora no departamento de Lingüística da Universidade de Leeds e unha das miñas áreas de investigación é a fonética galega. Traballo tamén nun proxecto documentando dúas linguas en perigo de extinción que se falan en Omán e Iemen, chamadas mehri e shehret. Estas linguas non teñen tradición escrita e os meus compañeiros do proxecto escribiron un libro infantil nunha delas, en mehri, adaptando a escritura do árabe, para promover a transmisión da lingua á seguinte xeración.

N.L: E que ten en común este traballo coa lingua galega?

Gisela: Agora estamos traducindo ese libro ao galego, co obxectivo de achegar culturas. Estou considerando a posibilidade de organizar actividades en Galicia relacionadas co libro sobre temas como a importancia das linguas propias e promover e protexer as linguas no mundo.

N.L: A que pensas que se debe esta progresiva desaparición das linguas das que nos falas?

Gisela: No mundo fálanse ao redor de 7.000 linguas e estímase que a metade destas linguas poden desaparecer no próximo século. Trátase dunha crise comparable á da perda de especies biolóxicas. A desaparición de linguas débese a factores externos á comunidade, por exemplo presións políticas, económicas, culturais ou relixiosas. A perda de cada lingua constitúe unha perda de patrimonio cultural, histórico e lingüístico e tamén de coñecemento e sabedoría. Por iso é moi importante protexer e promover todas e cada unha das linguas.

N.L: Cres que ao galego lle está pasando o mesmo?

Gisela: Cómpre sinalar que os criterios para avaliar a vitalidade das linguas usados pola UNESCO son unha ferramenta útil, pero tampouco determinan o futuro das linguas. Pode que o mehri se continúe a falar moitos anos. Este proxecto non trata de comparar as dúas linguas ou as situacións sociolingüísticas, simplemente recoñecer o valor da diversidade lingüística e cultural.

N.L: Unha achega como a deste libro pode axudar?

Gisela: A tradución deste libro pretende dar a coñecer a lingua e a cultura mehri en Galicia. Convida os cativos a acceder a elementos tradicionais da cultura mehri directamente desde o galego (e non a través de traducións ao inglés, castelán ou portugués). Os obxectivos principais son poñer en valor as linguas propias e fomentar a empatía entre culturas.

N.L: Que nos podes contar deste libriño?

Gisela: Agora mesmo témolo editado só en inglés e mehri (con grafía árabe). Titúlase Selim and his shadow (Selim e a súa sombra). É un libriño infantil que adapta a lingua mehri a través dunha grafía actual da lingua árabe ademais do apoio dun audiolibro. Non é un libro tradicional senón creado para este momento, aínda que está baseado nos elementos tradicionais, dos que se vai desprendendo unha historia sobre a conexión coa natureza, a relevancia da sombra na cultura mehri e a importancia do consello das persoas maiores. 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión