Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Lingua

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

27 de setembro de 2017

O Concello programa para este outono catro liñas de actividades para potenciar o uso do galego nas distintas franxas de idade

O alcalde da Coruña presentou hoxe a programación do servizo municipal de Lingua, do que destacou o éxito e demanda das súas iniciativas, así como o reforzo orzamentario e de persoal nos últimos dous anos

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou esta mañá xunto co equipo do servizo municipal de Lingua as actividades deste departamento para este outono, un programa con catro liñas de actividades gratuítas que, como salientou, "teñen diferentes obxectivos e distintos públicos, que abranguen desde a infancia, coas escolas infantís e os centros de ensino de Primaria e Secundaria, ata as persoas adultas, co fin de promover e poñer en valor a transmisión da lingua galega, buscar espazos para o contacto coa lingua e promover a lectura do galego en menores e en persoas adultas". O programa, que inclúe as propostas Apego, Falamos, AgoraSon e os Paseos pola Coruña Literaria, referenda, en palabras do rexedor, "o compromiso do goberno local da Coruña coa lingua galega, tanto dentro da administración como cara fóra, na cidade". O executivo municipal prevé poder seguir aumentando o orzamento deste servizo, "como vén facendo desde a súa chegada a María Pita, para ampliar as actividades, que teñen unha elevada demanda e un éxito recorrente", avanzou o alcalde, que recordou que o servizo de lingua triplicou o persoal do departamento, que ata a súa chegada contaba cunha única profesional. "Nesta cidade, pese ao que se tratou de transmitir noutras épocas, hai unha relación moi amable co galego, e resulta evidente que a cultura, a música e o ocio en galego, ou mesmo a comunicación institucional, funcionan, e o que levamos facendo neste tempo é desmontar mitos coma estes", observou.

Para as primeiras etapas, o Concello participa desde hai ano e medio, xunto con outros 29 concellos de toda Galicia, no programa Apego, que busca a transmisión da lingua galega a pequenos e pequenas, por parte dos pais e as nais, e facilitar a conexión entre as familias participantes, cunhas actividades de lecer e tempo libre. As familias interesadas poden apuntarse na web www.apego.gal e, desde ese momento, entrarán en contacto co servizo municipal de normalización lingüística, e a formar parte da comunidade de Apego -que conta xa con 200 familias coruñesas adscritas-, para recibir a información de todas as actividades, que se dividen en dous bloques por idade, de cero a tres anos e de tres a seis anos. Para outubro e novembro, Apego desenvolverá o obradoiro de nanas Arrolos de salitre, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, para menores de tres anos,  que terá lugar os días 3 e 10 de outubro no Centro Ágora, con 30 prazas que xa están cubertas. O mesmo ocorre co espectáculo Brinca vai, de Paco Nogueiras, que se celebrará no Centro Cívico dos Mallos o 6 de outubro e cuxas 500 entradas xa están esgotadas, e co concerto de Mamá Cabra, o 11 de outubro. O 21 de outubro, o Centro Ágora ofrecerá dous pases, ás 11.30 e ás 13.00 horas, da obra para maiores de tres anos Merenda con pan de millo, de Migallas Teatro, e os días 24 de outubro e 7 novembro, o mesmo centro acollerá a actividade Son xogos, xogos sons, con Pablo Díaz e Olga Kirk, dirixida a nenos e nenas de entre tres e seis anos, ademais das actividades Contos para desafiar bestas pardas, con Paula Carballeira, o 26 de outubro, e A casa encantada de Alí,  o 31 de outubro. O mesmo espazo ofrecerá, os días 18 e 25 de outubro e 8 e 15 de novembro, as catro sesións dos Cantacontos para bebés, con Pablo Díaz (para menores de cinco anos). En novembro, o programa inclúe, o día 10, o espectáculo Acouga, de Berrobambán, e Brinca vai 2.0, de Paco Nogueiras, o día 17. Ademais, no Fórum Metropolitano poderáse ver, o día 24,  Canta connosco!, de Migallas, dirixido a público menor de cinco anos.

En canto ao programa de dinamización lingüística Falamos, que se desenvolve cos centros de  Educación Primaria e Secundaria, diríxese a promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos a prol da normalización do galego, cos obxectivos de fomentar a utilización da lingua en todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa. Para os centros de Primaria, o programa ofrece a actividade As parábolas de Pakolas de Paco Cerdeira, mentres que para os IES e os CIFP da Coruña, contémplanse un espectáculo musical da cantante galega MJ Pérez, cunha conversa distendida sobre contidos sociolingüísticos --entre a propia MJ e mais Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago--, coas mozas e mozos participantes. O espectáculo desenvolverase o mércores 22 de novembro, no auditorio do Fórum Metropolitano, en dous pases. Por último, e tamén para o alumnado dos IES, ofrécense dúas funcións escolares dentro do programa municipal A Coruña Educa, como son as obras  Bicos con lingua, o martes 10 de outubro, e O tolleito de Inishmaan, o 15 e 16 de novembro, coas 1.904 entradas xa esgotadas.

O terceiro programa deste outono é AgoraSon, e organízase en colaboración coa rede de bibliotecas municipais para a promoción da lectura en galego, de xeito que as persoas que, desde o vindeiro luns, día 2 de outubro, pidan en préstamo libros en galego, obterán dous convites para o concerto que terá lugar no Ágora o 20 de outubro, desde as 21.00 horas e que contará coas actuacións Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre, e do grupo De Vacas.

Para un público maioritariamente adulto vai dirixido o programa Paseos pola Coruña Literaria, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística xunto á Asociación de Escritoras en Lingua Galega, e no que diferentes autores e autoras que teñen obras nas que aparece a cidade da Coruña como protagonista, ou que teñen vinculación co propio municipio, realizan un percorrido polos lugares que recolleron ou que marcaron as súas vidas. Para este outono, son catro as actividades que se van desenvolver. A primeira delas, co profesor Xosé Luís Axeitos, será un percorrido pola Coruña das Irmandades da Fala que terá lugar este mesmo sábado e que chega coas prazas xa esgotadas desde a semana pasada. Tamén se esgotaron xa as prazas da cita coa autora María Solar, en relación á súa obra Os nenos da varíola, que recupera a efeméride que supuxo a expedición Balmis. Os percorridos restantes terán lugar o 21 de outubro, cun paseo de María Jesús Fernández sobre a obra de Agustín Fernández Paz A viaxe de Gagarin, e o 4 de novembro con Xabier P. DoCampo, que descubrirá as salas de cine da Coruña de mediados de século. A inscrición realizarase, respectivamente, os días  9 e o 30 de outubro.

Toda a información sobre os programas está dispoñible a través da web municipal: www.coruna.gal/lingua

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • Dó, re, mi, cantamos porque si, de Golfiños

    A quen vai dirixido?:

    Familias

    Cando:

    23/03/2019

    Horario:

    12.30 horas

    Inscricións:

    Dende o 18/03/2019 ata o 23/03/2019

    A inscrición comezará ás 10.00 h. Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Dó, re, mi, cantamos porque si, de Golfiños

    A quen vai dirixido?:

    Familias

    Cando:

    23/03/2019

    Horario:

    11.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 18/03/2019 ata o 23/03/2019

    A inscrición comezará ás 10.00 h. Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Pakolas en concerto

    Cando:

    26/03/2019

    Horario:

    17.00 e 18.30 h

    Inscricións:

    Dende o 21/03/2019 ata o 26/03/2019

    A inscrición comezará ás 10.00 h. É gratuíta e precisan a entrada todas as persoas que vaian asistir. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que o poidan facer outras persoas. Actividade especialmente recomendada para nenas/os de máis de 3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. 

    Enderezo:

    Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147, Bajo. 15007 A Coruña

Próximas inscricións

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?