Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paseo pola Coruña Literaria con Érica Esmorís

"Patio de luces", paseo guiado pola escritora coruñesa Érica Esmorís

A quen vai dirixido?:

Público a partir de 6 anos. 

As persoas menores de idade virán acompañadas por unha persoa adulta. Ambas deberán inscribirse.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/11/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/11/2021 ata o 19/11/2021

A inscrición comezará o luns 15 de novembro. 

Esta actividade en concreto está dirixida a público familiar con crianzas entre os 6  e os 12 anos.

Só tedes que nos enviar un correo electrónico a inscricionslingua@coruna.gal co asunto "Inscrición Paseos" e os vosos datos de contacto (Nome, apelidos e número de teléfono)

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Saída ás 12.00 h dun lugar por determinar que se indicará no momento da inscrición.

Duración:

90 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Érica Esmorís 

Data: 20 de novembro, ás 12:00 h

Público: familias con nenos e nenas de 6-7 a 11 anos. Visitaremos dous patios de luces. O primeiro,  é  onde a autora viviu os seus primeiros doce anos, o que a inspirou para a súa última novela, Patio de luces, gañadora do premio Cidade de Málaga 2020 de Anaya. Faremos un xogo para espertar a imaxinación e descubriremos os/as máis peculiares e famosos/as veciños/as que viviron nas dúas torres que conforman o patio. Despois visitaremos un pequeno patio de luces situado a oito minutos camiñando, no barrio da Agra do Orzán para rematar o paseo na biblioteca do Ágora.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa AELG.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

O número máximo de participantes é de 25 persoas.

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
  • Recoméndase o uso de máscara sempre que non se manteña a distancia de seguridade.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cando:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 17.00 h

    Cando:

    28/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 18.30 h

    Cando:

    28/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión