Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2023

Programa Apego. Actividades para a primavera do 2023

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, de febreiro a xuño, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.

Na Coruña témoslle Apego á lingua!!

Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con crianzas!

Velaquí a programación para a primavera de 2023:

Martes 28 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de xaneiro, ás 10.00 h

Corochas, coscas ou cóxegas: sensación que experimentamos cando nos tocan algunhas partes do corpo e que       se manifesta nun riso involuntario. Contos, cancións, xogos...

Martes 7 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 3 de marzo, ás 10.00 h

Os obxectos e a palabra farannos viaxar a través do mundo animal. Traballaremos sobre a diversidade e a importancia de compartir coas demais persoas os afectos.

Martes 14 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 10 de marzo, ás 10.00 h

Tecendo coas agullas máxicas dos aloumiños e primeiras experiencias compartidas medrou Fíos do querer, envoltorio agarimoso para xogar e cantar coas crianzas de colo.

Martes 21 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 17 de marzo, ás 10.00 h

A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, que nos arrola, abraza e protexe. O centro do mundo na primeira infancia con portas, ventás...

Martes 28 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de marzo, ás 10.00 h

Teatro e música para explorar os sentidos. Brincaremos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas. 

Martes 11 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do mércores 5 de abril, ás 10.00 h

Melodías tradicionais para aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce ao arrolar bebés e transmitírmoslles o apego á nosa lingua e música.

Martes 18 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 14 de abril, ás 10.00 h

Contaconto ilustrado e musicado e obradoiro de debuxo. Panchito é o único pingüín que vive na Coruña, aínda que é feliz e ten moitas amizades decide marchar á Antártida.

Venres 28 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 21 de abril, ás 10.00 h

Fábula sobre iniciación á astronomía de observación, o ceo nocturno, as estrelas... Lectura do libro, proxección e obradoiro de colaxe con Mariaxe Colaxe.

Martes 9 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 5 de abril, ás 10.00 h

A feira máis pequena do mundo onde nada se vende e as sementes se trocan por un conto, unha canción ou unha adiviña. Monicreques con fabas, garavanzos e centeo.

Martes 30 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 26 de maio, ás 10.00 h

Buscaremos recursos sonoros para o conto de monicreques "Garavanciña e o esquío". Crearemos os sons con voces, instrumentos, chapas e obxectos cotiáns.

Mércores 7 de xuño, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 2 de xuño, ás 10.00 h

A natureza esperta para encherse de cores. Atoparemos agocho e cantaremos para sermos parte da paisaxe na que a choiva é importante para que todo medre.

Precísase só a inscrición da crianza que o día da actividade estará sempre acompañada por unha persoa adulta. Pídese puntualidade.

Documentos:

15x15_Apego_0223-Folleto.pdf (4 MB)

Actividades relacionadas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión