Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2023

Programa Falamos primaria 2023

Actividade dirixida aos centros de ensino de primaria

Programa Falamos de dinamización lingüística para os CEIP da cidade 2023

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

OBXECTIVOS:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación infantil e primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

Co fin de conseguirmos estes fins imos desenvolver a seguinte actividade para os CEIP municipais (ata esgotárense as prazas):

  • Representación da peza teatral "Bon appétit", de Ghazafelhos dirixida ao alumnado de primaria (de 3.º curso en diante) dos CEIP da cidade o xoves 13 de abril das 12.00 ás 13.00 h, aproximadamente

A actividade realizarase no auditorio do Centro Ágora para 330 persoas dos centros que a demanden (por orde de inscrición).

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través de Coruña Educa na ficha de inscrición dende o día 27 de marzo ata que se esgoten as prazas.

Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante, cun máximo de 60 persoas por cada centro. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata que se complete a capacidade do auditorio.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nada na comarca de Ferrolterra no ano 2006 que se centrou no traballo de títeres, animación e teatro actoral e que se especializou na realización de obras teatrais para público familiar.  Sorprende con cada nova produción, mesturando xéneros, falándonos de temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia.

Dirixida por Pepablo Patinho, quen tamén forma parte do elenco xunto a Montse Piñón e Jorge Casas, nesta actividade, tres cociñeiros, Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem, son tres chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A cociña galega.

Bon appétit é unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso. Explosións, labazadas, persecucións, sustos, malos entendidos... son os ingredientes para unha comedia total en clave de clown.

Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión