Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2023

Programa Falamos secundaria 2023

Actividade dirixida aos centros de ensino de secundaria

Programa Falamos de dinamización lingüística para os IES da cidade 2023

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o programa Falamos secundaria.

OBXECTIVOS:

  • Promover e fomentar a utilización da lingua galega nos centros de educación secundaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
  • Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
  • Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.

Co fin de conseguirmos estes fins imos desenvolver a seguinte actividade para os IES municipais (ata esgotárense as prazas):

  • Actuación do Leo de Matamá e o seu espectáculo didáctico "No bico un cantar", dirixida ao alumnado de secundaria ((cursos 3.º e 4.º da ESO e 1.º e 2.º de bacharelato) dos IES da cidade o venres 28 de abril das 12.00 ás 13.00 h, aproximadamente

A actividade realizarase no auditorio do Centro Ágora para 330 persoas dos centros que a demanden (por orde de inscrición).

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través de Coruña Educa na ficha de inscrición dende o día 17 de abril ata que se esgoten as prazas.

Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante, cun máximo de 60 persoas por cada centro. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata que se complete a capacidade do auditorio.

O espectáculo didáctico "No bico un cantar" do Leo de Matamá achegaranos á historia da literatura galega dende a súa óptica de mestre, músico e poeta.

Leonardo Enrique Fernández Campos céntrase na docencia: leva por primeira vez a guitarra ás aulas aproveitando a profusión de versións musicadas da poesía galega de posguerra, que recollen os currículos de 4.º curso de ESO e 2.º de bacharelato. A partir de aí, o Leo xunta nun mesmo espectáculo o canon da música popular en galego baseada en textos poéticos e incorpora paseniño aqueles poemas da súa preferencia para traballar na clase con música e arranxos propios.

Hoxe en día prepara un disco dobre con 20 musicacións de poemas canónicos da nosa poesía, dende Afonso X a Daniel Salgado, e o espectáculo aliméntase de pezas clásicas, algunha falcatruada, selo do personaxe, e fundamentalmente versións propias. A forma en que o Leo encara as súas gravacións parte sempre da comuñón co público.

Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es 

Fotografía de Christian Pérez

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión