Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños.

O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.

EXPOSICIÓNS

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais con sorprendentes imaxes de natureza e medio ambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano.

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade.

Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por vinte módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Deseñouse para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai cardumes de xardas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luis Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules e provocou unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven tres machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan oito femias da mesma especie de foca.

ACTIVIDADES

Actividades e obradoiros dos que poden gozar as persoas que visitan o Aquarium Finisterrae.

  • Alimentación no Nautilus. As persoass visitantes poden observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se inclúen diferentes especies de quenllas como o touro e as musolas. Todos os luns, mércores e venres ás 11.30 h.
  • Alimentación de focas. Unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo das súas persoas coidadoras. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 h.
  • Monólogos no Aquarium. Charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, cabaliños de mar, axolotes, medusas...), ofrecidas polo persoal de atención ao público. Fins de semana ás 13.00 e ás 18.00 horas (excepto Semana Santa, do 25 ao 31 de marzo).

Estas actividades non teñen un custo adicional, están incluídas no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: das 10.00 ás 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: das 11.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: das 10.00 ás 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

24 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h

ENTRADAS

>> As entradas adquírense na recepción do Aquarium Finisterrae.

Se queres comprar entradas con antelación, podes facelo aquí. Nestes momentos só se poden comprar entradas de tarifa xeral.

> Xeral: 10,30 euros

> Reducida*: 4,12 euros

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 24 de xuño de 2024, con reserva previa de entradas)
  • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio de 2024, con reserva previa de entradas)
  • Día dos Museos (18 de maio de 2024, con reserva previa de entradas)
  • Semana da Ciencia (do 9 ao 17 de novembro, con reserva previa de entradas)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras presentar o carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación do carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos

> Bono Tres Casas: 12,36 euros

> Tarxeta Vente: 20,60 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas. Permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta dende a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Véndense na recepción dos tres museos.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Documentos relacionados

  • Plano contidos Aquarium Finisterrae (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión