Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Visitas escolares

Algunha vez soñaches con levar a clase de ciencias ao recreo? Ven aos Museos Científicos Coruñeses

Destacados do curso 2017-2018

CASA DAS CIENCIAS

> Para todos os niveis educativos, sesións de planetario adaptadas a diferentes idades e visitas ás salas de exposicións. Todas con módulos interactivos nos que explorar fenómenos sorprendentes, realizar investigacións e buscar as túas propias respostas.

DOMUS

> Cinema 3D. A visita á Domus pode incluír unha sesión de cinema 3D. A película «Pequenos xigantes» é unha aventura en tres dimensións de enormes proporcións que revela a asombrosa vida dos animais máis pequenos.

> Laboratorio Aberto. Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os científicos no seu día a día, desde micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis. Consulta aquí os talleres que vos ofrecemos.

> maker@domus. É o espazo da Domus para internarse na cultura "maker" e facer tecnoloxía coas túas propias mans. Unha oportunidade única para comezar a "pensar coas mans". Consulta aquí os talleres que vos ofrecemos.

AQUARIUM FINISTERRAE

> Visitas guiadas para alumnado de Educación Infantil e Primaria. Un percorrido temático guiado polas diferentes salas do acuario.

> Talleres experimentais na Charca das Caricias para alumnado de Educación Secundaria. Utilizando instrumentos científicos e recursos dixitais preséntanse aspectos curiosos da bioloxía dos peixes e invertebrados mariños do Aquarium.

> Charlas en directo na Sala Cornide para alumnado a partir de 3º da ESO. Persoal científico da Universidade da Coruña expón en directo os últimos resultados dos seus proxectos de investigación.

> Alimentación de focas. Coincidindo co momento en que se lles dá de comer ás focas, impártense charlas sobre as características destes mamíferos mariños e sobre o adestramento veterinario que reciben. Para alumnado de Infantil e Primaria.

Para todos os niveis educativos (menos Infantil):

  • OceanoSfera. Trátase dun proxector esférico no que se simulan fenómenos naturais que suceden a escala global. Contén dous programas sobre os efectos do cambio climático.
  • Falando con peixes. Luns, mércores e venres ás 11.30 horas. É unha actividade especial durante a cal se pode falar en directo coa persoa que se mergulla no tanque de Nautilus. Durante estas charlas trátanse cuestións sobre a bioloxía, acuarioloxía, conservación e mantemento biolóxico da fauna do Nautilus e, sobre todo, respóndense as preguntas formuladas en directo sobre infinidade de asuntos relacionados co acuario e o seu funcionamento.
  • Visitas á zona técnica do Aquarium. Ofrécese a posibilidade de organizar visitas guiadas para grupos de 10-15 estudantes aos laboratorios e salas de filtración e corentena do Aquarium.

Prezos

> Cota especial*

  • Casa das Ciencias: 0 €
  • Domus: 0 €
  • Aquarium Finisterrae: 0 €
  • Planetario: 0 €
  • Cinema 3D: 1 €

*Cota especial só para grupos con reserva previa nalgún destes casos:

  • A Coruña Grupos de centros educativos do concello da Coruña
  • XANEIRO-FEBREIRO Grupos que nos visiten nos dous primeiros meses do ano
  • VISITA PREPARADA Se o/a profesor/a que acompaña o grupo acudiu antes á reunión previa
  • AMIZADES Se o centro escolar é socio da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

> Tarifa reducida

Os grupos escolares sen cota especial, pero con reserva, teñen tarifa reducida:

Casa das Ciencias: 1 €

Domus: 1 €

Aquarium Finisterrae: 4 €

Planetario: 1 € *

Cinema 3D: 2 € *

* Planetario 0€ e Cinema 3D 1€

Para os grupos con reserva previa que visiten os tres museos no mesmo día.

> Gratis total

En ningún caso pagan entrada:

  • O PROFESORADO, se acompaña a un grupo escolar ou se vai debidamente acreditado.
  • O alumnado DISCAPACITADO FÍSICO E PSÍQUICO

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os tres museos, o planetario e o cinema 3D son gratuítos estes días* de 2018:

13 de febreiro (martes de Entroido)

8 de marzo (Día Internacional da Muller)

5 de maio (Día da Ciencia na Rúa)

12-18 de novembro (Semana da Ciencia)

* Os festivos e nas fins de semana non hai actividades e servizos especiais para grupos escolares.

Prepara a visita

Planifica o tempo e aproveita os contidos máis axeitados para o teu grupo:

> Reunión preparatoria para o profesorado

Martes, ás 16.30 h

  • Con solicitude previa no 981 189 848, todos os martes lectivos, ás 16.30 h, sesión en cada museo para lle axudar ao profesorado a preparar a visita.
  • O persoal coordinador de educación percorre os museos co profesorado e entrégalles material didáctico.
  • O profesorado que acuda á reunión e acompañe despois o grupo o día da visita obtén cota especial: todo gratis para o seu grupo, excepto o cinema da Domus (1€).

> Canto dura a visita a cada museo?

Visita estimada (sen ter en conta a asistencia a actividades especiais)

  • Casa das Ciencias: 1 hora
  • Domus: 1 hora 30 min
  • Aquarium Finisterrae: 2 horas

> Horarios e prazas das actividades especiais

  • Cinema 3D (Domus, 45 min). Horario: 10:00, 11:30, 13:00, 16:00 e 17:00 (xaneiro-abril). 10:00, 11:30, 13:00, 16:30 e 18:00 (maio, xuño, setembro-decembro). Capacidade: 116 prazas
  • Planetario (Casa das Ciencias, 45 min). Horario: 10:00, 11:30, 13:00, 16:00 e 17:00 (xaneiro-abril). 10:00, 11:30, 13:00, 16:30 e 18:00 (maio, xuño, setembro-decembro). Capacidade: 79 prazas
  • Talleres escolares: >> Domus Talleres no Laboratorio Aberto (hora e día a escoller, máx. 32 alumnos/as). Ver días.
  • Visitas animadas: >> Aquarium Finisterrae: Falando con peixes (luns, mércores e venres, ás 11.30 h, máx. 50 alumnos/as). Charlas divulgativas (Bacharelato)

> Onde podemos comer?

  • Picnic da Domus

Traede a vosa comida ao picnic da Domus. Quendas de 80 persoas e 45 minutos como máximo. Horarios: 12:00, 13:00, 14:00, 15:00 h

  • Restaurante Domus

Podedes encargar o xantar no teléfono: 981 203 862.

  • Cantina de Ultramar

Podedes encargar o xantar na cantina do Aquarium Finisterrae. Teléfono: 981 217 682

> Máis información: en 981 189 848 e reservas@casaciencias.org

Reserva xa!

  1. Descarga a folla de reserva (tela ao final desta páxina).
  2. Imprímea e cúbrea: a folla de reserva ten que levar a sinatura dun/ha profesor/a e o selo do centro.

  3. Envíaa por fax (981 189 843 · 981 189 841 · 981 189 847) ou escanéaa (cuberta, selada e asinada) e envíaa a reservas@casaciencias.org.

> Reservas especiais (se queres ir ao Laboratorio aberto ou ao espazo maker@domus, os dous na Domus):

- Laboratorio aberto. É preciso cubrir este formulario en liña.

- maker@domus. É preciso cubrir este formulario en liña.

> IMPORTANTE

A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita, e o programa detallado.

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?