Manter unha dieta adecuada ás nosas necesidades é unha das mellores formas de ter boa saúde.
Alimentarse de forma equilibrada, atendendo as necesidades nutricionais de cada persoa, é unha das mellores ferramentas ao noso alcance para ter un bo estado de saúde. Durante estes días, os andeis dos supermercados baleiráronse dalgúns produtos, sobre todo legumes, arroces, leite e conservas.
Os legumes son unha parte fundamental da dieta, pois constitúen unha fonte importante de hidratos de carbono e proteínas; teñen baixo contido en graxas; e proporcionan moita fibra, minerais e vitaminas (sobre todo do grupo B). Recoméndase o seu consumo polo menos tres veces á semana. Pero non hai que esquecer incorporar a diario varias racións de froitas e verduras, e outros produtos frescos como os peixes e as carnes.
É momento de revisar a túa despensa e a túa lista da compra? A FAO (a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) propón neste vídeo sete consellos sinxelos de alimentación saudable para afrontar a crise da COVID-19.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible