Unha mostra dos carteis das exposicións que produciu a Casa dos Peixes desde a súa inauguración
FINALIZADA
O 5 de xuño de 2019 o Aquarium Finisterrae cumpre 20 anos. Durante todo este tempo organizáronse moitas exposicións e actividades na Casa dos Peixes, coa visita e complicidade de millóns de persoas. En homenaxe a todas elas, producimos a exposición Aquarium Finisterrae: 1999-2019, que mostra os carteis das exposicións que produciu a Casa dos Peixes desde a súa inauguración.
En 1999 o Aquarium Finisterrae abriu as súas portas ao público por primeira vez. A súa inauguración coincidiu coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e co 200 aniversario da saída do porto da Coruña da expedición americana de Alexander von Humboldt. Deste xeito realzouse o compromiso do terceiro museo científico coruñés coa conservación do océano e a divulgación científica.
Acontecementos memorables
Os vinte anos de vida do Aquarium están repletos de acontecementos memorables. Moitos deles teñen que ver coa incorporación á súa colección biolóxica de animais singulares que co paso do tempo convertéronse nos favoritos do público.
Máis de 5 millóns de visitas
Desde a súa inauguración, o Aquarium Finisterrae recibiu máis de 5.550.000 visitantes e produciu 67 exposicións. Un 30% do público do museo corresponde a escolares, que tiveron a oportunidade de ver as máis de 200 especies de animais e plantas que forman parte da súa colección biolóxica.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible