Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

17 de xullo de 2019

«Bocados», nova exposición sobre nutrición na Domus

Ademais da exposición, preséntase un módulo cun microscopio electrónico doado polo CHUAC.

Bocados é unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

A exposición aborda temas que van desde a vida urbana e a educación ata o acceso á auga, a saúde ou a igualdade de xénero. Os ODS son 17 obxectivos que están relacionados, de forma directa ou indirecta, coa nutrición.

As experiencias que se propoñen na exposición inclúen unha gran roda sobre a que hai que camiñar e comprobar as calorías consumidas, como exemplo do exercicio físico que debemos realizar. Tamén unha báscula especial que indicará a cantidade de auga que corresponde ao peso da persoa que se suba a ela; un módulo sobre técnicas culinarias que propón realizar estimacións de peso, volume e tempo, parámetros que se empregan habitualmente na preparación de comidas; a reprodución dos sons que se producen durante a dixestión, en especial ao comer legumes; unha mesa cunha pantalla táctil na que se propón un xogo que mostra que comer non só implica alimentarnos senón tamén experiencias agradables a todos os sentidos; ou unha actividade de creación de figuras de froitas con papiroflexia.

Microscopio electrónico

O microscopio electrónico que se expón na planta baixa da Domus foi doado polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña tras cumprir durante décadas unha importante función. Chegou ao Hospital Teresa Herrera da Coruña en 1985 para lle permitir ao seu persoal científico iniciar unha nova etapa no estudo dos cromosomas humanos. Concedéuselle exclusivamente ao Dr. Vicente Goyanes Villaescusa por parte da CAICYT (Comisión Asesora Científica e Técnica a nivel nacional) dado o seu gran labor investigador. Finalmente, o Dr. Goyanes cedeuno ao hospital.

Bocados é unha produción dos Museos Científicos Coruñeses.

Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?