15 de novembro de 2018
Ciclo de conferencias, organizado con Círculo Escéptico, nas que se abordan temas desde a perspectiva científica. Esta edición tratará sobre a infancia.
A primeira conferencia, titulada «Da papa aos macarróns, todo son marróns», será o mércores 21 de novembro, ás 19.30 horas e será ofrecida por Gemma del Caño, farmacéutica especialista en Industria e I+D e experta en industria alimentaria.
Falará sobre o que hai de certo e falso nas ideas dunha boa alimentación infantil, moitas veces influída pola información que vén da industria alimentaria.
Programa completo:
As charlas terán lugar na Domus, ás 19.30 horas.
Entrada libre ata completar a capacidade.
>> Actividade homologada con 8 horas de formación do profesorado. Será necesario asistir a todas as sesións para obter a certificación correspondente. Para os efectos de homologación de formación do profesorado é necesario facer a inscrición aquí.
Actividades relacionadas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible