23 de abril de 2018
Stem Discovery Week é unha iniciativa internacional que convida a escolas e organizacións a realizar actividades relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.
A campaña do 2018 conta xa con 424 actividades educativas rexistradas en 34 países de todo o mundo, entre elas os talleres científicos da Domus da Coruña, que realizarán escolares de Galicia entre o 23 e o 27 de abril.
Estes talleres terán lugar no Laboratorio Aberto, un espazo pensado para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os científicos no seu día a día para investigar. Os talleres que se realizarán, e que forman parte da oferta para grupos escolares da Domus, son os seguintes:
- Investiga a vacina do VIH. O alumnado experimenta se a vacina para a sida na que traballan os científicos de IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer a poboación de distintos continentes.
- A revolución biotecnolóxica. Un taller para transformarse en biotecnólogo e participar na procura dunha diana para o tratamento contra a aterosclerose.
- Como se desenvolven os fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o párkinson.
- Diseccións en directo, de corazón e ollo de porco.
- Artistas da prehistoria. Un taller no que converterse nun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.
- ExploraDomus Escola. Nesta actividade o alumnado descobre a ciencia que se esconde na cociña, nunha experiencia para coñecer a ciencia nos espazos máis cotiáns.
Stem Discovery Week está organizada por European Schoolnet, unha organización sen ánimo de lucro que impulsa a innovación educativa entre os seus socios, que son ministerios de educación, escolas, profesorado, persoal investigador e industrias.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible