7 de marzo de 2018
«Misión secreta na Domus» realizase entre marzo e abril con nove sesións para público familiar e persoas entre 12 e 18 anos.
Neste xogo as persoas participantes terán que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta nun tempo límite. A misión é atopar e salvar unha información crucial oculta no almacén do museo antes de que a atope unha fábrica secreta de replicantes.
A actividade está dirixida a público familiar, con nenos e nenas a partir de 8 anos (sesións ás 17.00 h), que deben participar na compaña dunha persoa adulta.
Tamén haberá unha sesión para público novo, de 12 a 18 anos, ás 18.00 horas.
Para participar nas sesións familiares é necesario preinscribirse o venres 9 de marzo a partir das 10.00 da mañá a través dun formulario electrónico (en cada preinscrición poderán incluírse un máximo de 4 persoas).
A preinscrición do público novo poderá facerse tamén o 9 de marzo nestoutro formulario, cun máximo de 2 persoas por preinscrición.
A actividade é gratuíta. Deberase aboar só a entrada correspondente ao museo.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible