Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

7 de agosto de 2019

Choiva de estrelas no planetario da Casa das Ciencias

Do 9 a 15 de agosto as sesións das 13.00 e 18.00 horas do planetario da Casa das Ciencias estarán dedicadas á choiva de estrelas fugaces das Perseidas

A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas máis importantes do ano para as persoas afeccionadas á astronomía. Este ano a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido a noite do 13 a 14 de agosto, aínda que debido á presenza da Lúa chea non será sinxelo apreciar os meteoros máis débiles. Afortunadamente, a choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual, poderemos seguir gozando delas nos días seguintes.

No período de máxima actividade poden chegar a verse máis de cen estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. A contaminación lumínica fai que nas proximidades das cidades ou en zonas con iluminación forte o número de meteoros visibles diminúa. Entre o 9 e o 15 de agosto todas as sesións no planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observar as Perseidas. Ademais, as sesións das 13.00 e 18.00 h estarán dedicads en exclusiva a este fenómeno astronómico.

Sen prismáticos

Para gozar das Perseidas non se necesitan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de astronomía, xa que os meteoros pódense ver por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as traxectorias teñen a súa orixe na constelación de Perseo (de aí o seu nome), que emerxe polo horizonte en dirección nordeste pasada a media noite.

As Perseidas tamén se coñecen como bágoas de San Lorenzo, xa que o día 10 de agosto está dedicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. Pero en realidade non son outra cousa que pequenos fragmentos da cola do cometa Swift- Tuttle, que cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos, renovando a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas, no seu percorrido ao redor do Sol.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?