Concello da Coruña

Concello da Coruña

Misión secreta na Domus

A Domus celebrará de marzo a abril nove sesións dunha actividade para público familiar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 17/03/2018, 24/03/2018, 07/04/2018, 14/04/2018, 21/04/2018, 28/04/2018, 12/05/2018, 19/05/2018, 26/05/2018

Xa rematou

Inscricións:

As sesións xa están completas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Organiza:

Museos Científicos

Trátase dun xogo de escape no que as persoas participantes terán que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta nun tempo límite. A misión é atopar e salvar unha información crucial oculta no almacén do museo antes de que a atope unha fábrica secreta de replicantes.

A actividade está dirixida a público familiar, con nenos e nenas a partir de 8 anos (sesións ás 17.00 h), que deben participar en compañía dunha persoa adulta. Tamén haberá unha sesión para público novo, de 12 a 18 anos, ás 18.00 horas.

A actividade é gratuíta. Deberase aboar só a entrada correspondente ao museo.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión