31 de outubro de 2019
Realizaranse do 6 ao 8 de novembro.
As actividades, que inclúen proxeccións, mesas de debate, unha exposición, a publicación dun libro e un taller centran a súa mirada nunha nova corrente científica que usa a banda deseñada como terapia e medio divulgativo para ilustrar sobre os temas relacionados coa saúde, dirixido tanto ao persoal profesional sanitario como ás/aos pacientes.
Coa intención de estar sempre na vangarda e cos ollos abertos ás novas tendencias profesionais da ilustración, a proposta Coruña Gráfica 2019 busca profundar neste novo camiño da medicina gráfica cunha selección de 10 invitadas/os que compartirán a súa experiencia.
Programa:
- 18:30 Presentación das xornadas
- 18:45 Medicina e banda deseñada, con Mónica Lalanda. Presentación do concepto de Medicina Gráfica a cargo dunha especialista pioneira neste campo en España. Radiografía do panorama de novela gráfica e cómics relacionados coa saúde e a súa importancia a nivel educativo e divulgativo.
- 19:45 Con-ciencia médica. Mesa redonda con César Pereiro, Mónica Lalanda e Juan Díaz-Verde. Modera: Manel Cráneo. Especialistas en psiquiatría, medicina xeral e urxencias falarán da súa experiencia coa banda deseñada como medio de comunicación e divulgación.
- 18:30 Divulgación médica en banda deseñada, con Santy Gutiérrez e Luis Sendón. Charla deste tándem de autores de dúas BD divulgativas, unha sobre consumo de cannabis e outra sobre esquizofrenia.
- 19:30 O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido, con Begoña Hermida, directora de FEGADACE. Presentación da curtametraxe de animación de Miguel Gallardo realizada para a Federación Galega de Dano Cerebral e proxección de varias curtas do mesmo autor sobre saúde mental.
- 20:00 Unha posibilidade entre mil, con Cristina Durán e Miguel Á. Giner Bou. O proceso de realización e a odisea vital da novela gráfica na que contan a historia da súa propia filla, que sufriu graves danos cerebrais na fase de posparto.
- 11:00 Banda deseñada entre batas e goteros. Taller de guión dirixido por Miguel Ángel Giner Bou, no laboratorio da Domus. Sesión práctica de 150 minutos para aprender a facer un guión partindo da experiencia que ten neste campo o autor. Con inscrición previa. Prazas esgotadas.
- 18:00 Saúde mental, unha experiencia persoal en banda deseñada, con Bea Lema, autora de El cuerpo de Cristo, obra gañadora do Premio Castelao de Banda deseñada 2018, da Deputación da Coruña. A obra trata sobre as doenzas mentais, un tema que aínda resulta un tabú na sociedade.
- 19:00 Faladoiro: BD e saúde mental, con Cristina Durán e Bea Lema, moderadas por Juan Bonome. Conversas sobre a fraxilidade da mente e a BD como terapia.
- 19:45 El club de las batas blancas, de "Yo, doctor", con Juan Sánchez-Verde. As experiencias dos médicos de urxencias contadas sen censura nunha novela gráfica, desde a visión persoal de dous profesionais en primeira persoa.
A entrada ás actividades é libre ata completar a capacidade, excepto ao taller do venres 8, que precisa inscrición previa.
Coruña Gráfica é un proxecto de Demo Editorial desenvolvido co apoio do Concello da Coruña que supón un censo representativo do panorama da ilustración na Coruña e a súa área metropolitana e un escaparate promocional das autoras e dos autores.
Organizado por Coruña Gráfica, coa colaboración dos Museos Científicos-Concello da Coruña.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible