15 de outubro de 2018
A preinscrición ábrese o luns 15 de outubro, ás 10.00 horas, a través de formulario electrónico.
As novas sesións realizaranse en outubro, novembro e decembro de 2018, cun total de 200 prazas, e terán lugar sábados e domingos ás 16.45 horas.
A actividade está pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que participarán nun taller de manualidades relacionadas coa conservación do medio mariño e merendarán chocolate con churros.
Para participar hai que preinscribirse a través deste formulario electrónico. Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10:00 e as 12:00 horas do 15 de outubro.
Cada participante deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos de Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta 20.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible