A obra de Luísa Villalta, autora á que a RAG dedica as Letras Galegas no presente ano, amósanos ao longo da súa traxectoria un rico abano temático, estético e estilístico.
Público xuvenil e persoas adultas
Persoas adultas, Xuvenil, Docente/Centro escolar
09/05/2024
Xa rematou
Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024
Require inscrición
Das 11.00 ás 12.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
22
Tf.: 981 184 298
O fin deste obradoiro é achegarse á figura da poeta facendo un percorrido pola súa vida e creación literaria dun xeito sinxelo pero activo e participativo.
O obxectivo será revelar as chaves da súa poética relacionadas coa música, o pensamento, a propia literatura e a cidade da Coruña xunto co seu forte compromiso social. Todo isto co fin de descubrir unha poeta cun fortísimo vínculo coa cidade da Coruña que pon en palabras unha cartografía emocional.
Achegándonos a estas claves como vías de acceso tentaremos ir desvelando a arquitectura da súa proposta poética a través dunha escolma da súa obra completa.
Tamén che pode interesar
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible