#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
27/05/2024
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 27 de maio ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Cuando no recuerdes mi nombre" de Paula Ramos Barral, publicado polo editorial Talón de Aquiles.
Sinopse:
Que queda cando os recordos desaparecen? Como se chora o que aínda non marchou pero tampouco está? Que se di cando non existe nada que faga xustiza ao que un sente?
Cuando no recuerdes mi nombre é unha breve viaxe cara ao esquecemento a través dos medos, as preocupacións e os anhelos compartidos. Unha disección do Alzheimer, da dor e a tristeza, da desorde que deixa. Unha colección de sentimentos, bos, malos e innomeables. Unha homenaxe ás persoas condenadas a esquecer e ás que lembran no seu nome.
Biografía:
Paula Ramos Barral (A Coruña, 2000) é graduada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Pasou por La Voz de Galicia, Cadena SER e Producciones del KO. Colabora coa revista Jot Down. Cuando no recuerdes mi nombre é a súa primeira novela.
Tamén che pode interesar
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible