Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Laboratorio aberto

«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti. Está pensado para alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Os grupos poden ser de ata 32 persoas.

TALLER 1 Investiga a vacina do VIH

Mércores, de 10:30 a 13:30 h. Experimenta se a vacina da sida na que traballa o persoal científico do laboratorio IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer a poboación de distintos continentes.

SÓ para alumnado de bacharelato e ciclos formativos

TALLER 2 A revolución biotecnolóxica

Martes, de 11:00 a 13:00 h. Transfórmate en biotecnólogo, realiza unha transformación bacteriana, e participa na procura dunha diana para o tratamento contra a arterosclerose.

Alumnado de secundaria (3º e 4º ESO), bacharelato e ciclos formativos

TALLER 3 Como se desenvolven os fármacos?

Venres, de 11:00 a 13:00 h. Participa na síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco que se está investigando para o Parkinson.

Alumnado de secundaria (3º e 4º ESO), bacharelato e ciclos formativos

TALLER 4 Diseccións en directo

Xoves, ás 11:00, 13:00, 16:00 ou 17:00 h. Na Domus facemos diseccións de corazón e ollo de porco en directo no laboratorio para mostrar como funcionan estes órganos. Pon as luvas, e asómate á anatomía.

Alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

TALLER 5 Artistas da Prehistoria

Luns, de 11:00 a 12:30 h. Un taller para converterse en artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.

Alumnado de primaria (3º a 6º) e secundaria (1º e 2º)

TALLER 6 ExploraDomus Escola

Luns, de 11:00 a 12:30 h. Actividades de exploración da ciencia que se pode atopar na cociña. Alumnado de Primaria (1º e 2º)

  • Fabrica a túa propia momia. Faremos un experimento que utiliza ciencia moi, moi antiga. Trátase dun procedemento do Antigo Exipto cuxo resultado non é en absoluto comestible. Imos facer unha momia! Unha momia é un corpo preservado, é dicir, que dura moitísimo tempo. No Antigo Exipto momificábase a xente. Agora non imos momificar a ningunha persoa que coñezas. Pero no seu lugar imos momificar... unha salchicha.
  • Maicena alucinante. Exploraremos de primeira man as propiedades sorprendentes da maicena, un tipo de mestura formado por partículas pequenas e sólidas de fariña de millo suspendidas en auga. Esta mestura compórtase dunha forma moi estraña. Vólvese máis viscosa canto máis rápido te moves. Se nadases nunha piscina de maicena terías que nadar cara ao bordo moi lentamente. Canto máis lento te movas, menos resistencia fará a maicena aos teus movementos.

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?