6 de xuño de 2020
As persoas visitantes deberán usar de forma obrigatoria máscara sen válvula exhalatoria durante toda a visita, e manter a distancia de seguridade entre persoas que non convivan.
Todas as persoas que visiten o Aquarium Finisterrae deberán gardan unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita (as/os menores de catro anos non están obrigadas/os); e manter a distancia de seguridade entre as persoas que non convivan. Ademais deberá evitarse tocar calquera obxecto ou superficie, de feito deshabilitáronse os elementos interactivos do museo.
Polas súas características, o acceso á sala Nautilus só se poderá realizar cada 20 minutos en grupos de tamaño reducido e acompañados dunha persoa do centro.
Para compensar esta redución da oferta e outras restricións que o público atopará durante a visita, reduciuse o prezo da tarifa xeral de 10 a 4 euros.
Como realizar a reserva de visita?
O Aquarium Finisterrae recibirá visitantes de luns a domingo cada 20 minutos en grupos de capacidade reducida.
Para visitar o Aquarium Finisterrae haberá que realizar previamente unha reserva por Internet, con ata tres días de antelación, a través desta ligazón web.
Poderanse reservar un máximo de cinco entradas por persoa, elixindo día e tramo horario segundo a dispoñibilidade. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.
Entidades
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible