Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

5 de setembro de 2018

Galerías San Agustín Creadores volve este sábado coa súa cuarta edición

Tras o descanso do verán volven os eventos na primeira planta do Mercado de San Agustín. Galerías San Agustín volve coa 4ª edición de "Creadores" este sábado 8 de setembro de 11.00 a 21.00 horas e o domingo de 11.00 a 19.00 horas.

Diferentes marcas e artistas emerxentes expoñerán a súa venda de produtos. Marcas como Farrapos e Contos de moda sostible, Ptit and Co de xoiería minimalista ou marcas para mascotas como Bichoh! ou Permigú con orixinais colares e comedeiros de animais. Tamén estarán presentes marcas de artesanía que traballan o coiro coma Cuero y Alma.

Coma sempre haberá sesión vermú con música en directo, o sábado con Grupo Bis a Bis e o domingo con Edu Calvario de 14.00 a 16.00 h.

Talleres e actividades gratuítas para nenas/os tamén estarán presentes ao longo da fin de semana. Crearanse xoguetes con produtos reciclados da man de Ola Creativa e haberá un concurso de debuxo creado por Farrapos e Contos. Tamén haberá actividades infantís gratuítas en horario ininterrompido durante todo o horario de apertura do evento. 

Para apuntarse nos talleres e actividades, pódese enviar un correo a galeriassanagustin@gmail.com ou ben inscribirse no punto de información os días do evento.

Máis información:

@galeriassanagustin

www.galeriassanagustin.com

Enderezo:

Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?