28 de maio de 2018
Os usuarios do mercado deixáronse fotografiar cun corazón para formar desta campaña que en Galicia xa conta con catro edicións ás súas costas, e que está promovida a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets.
Pola súa proximidade, facer a compra nos mercados locais é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada. Sábeno ben os clientes de As Conchiñas, que esta fin de semana puideron participar na campaña "Quere o teu mercado".
Os praceiros mostraron o seu agradecemento aos usuarios do mercado que se deixaron fotografiar cun corazón. Formaron parte así, da campaña que promove a Xunta de Galicia co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando a compra do produto local.
"Quere o teu mercado" (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e en Galicia xa vai pola cuarta edición.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible