11 de abril de 2018
En horario de 16 a 17 horas, a Tenda de Antón que acolle o Mercado de Monte alto abrirá as súas portas este venres, 13 de abril, para compartir hábitos de alimentación e consumo responsable e dar a coñecer os postos veciños de queixos, encurtidos e herbas mediciñais do mercado.
A Tenda de Antón, que xa é un espazo de encontro e referencia, celebra este mes o obradoiro "Froitas e verduras", organizado pola Oficinal Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), para facilitar o coñecemento e a importancia destes alimentos.
Para o mes de xuño, a OMIC está a organizar unha charla informativa sobre consumo ecolóxico dirixida aos país e nais da EIM Monte Alto.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible