11 de abril de 2017
Mércores 12 de abril 10.00 h. Presentación do Curso de Desenvolvemento de Videoxogos no Viveiro Tecnolóxico ACCEDE Papagaio
Na presentación participarán o concelleiro de Emprego e Economía Social Alberto Lema, representantes de Gato Salvaje Studio e varias personalidades como Pablo Grandío, director de Vandal.net, medio dixital de videoxogos máis importante en España e Iberoamérica
O Concello da Coruña a través da Área de Emprego e Empresa anuncia a presentación no Viveiro de Empresas ACCEDE Papagaio da segunda edición do Curso de Desenvolvemento de Videoxogos, a cargo do concelleiro Alberto Lema.
Na presentación comunicaranse datos do sector, no que é xa, a día de hoxe, a primeira industria cultural por facturación tanto en España como a nivel mundial. Para iso, ademais do concelleiro e de representantes de Gato Salvaje Studio, empresa pioneira a nivel galego e unha das máis reputadas no plano nacional, participarán outras personalidades como Pablo Grandío, director de Vandal.net, o que a día de hoxe é o principal medio dixital do sector con 20 anos de percorrido e máis de 4 millóns de usuarios únicos diarios.
A maiores, comunicaranse as conclusións do primeiro Curso de Videoxogos, proxecto formativo que tivo lugar no verán de 2016 e pioneiro das súas características impartido en Galicia. Desta experiencia resultaron 5 proxectos empresariais, integrados polo seu alumnado que actualmente están en fase de mentorización no Viveiro ACCEDE Papagaio.
A presentación terá lugar este mércores 12 de abril no Viveiro de Empresas ás 10.00 h. Espérase a asistencia de profesionais do sector audiovisual galego, ademais de persoal do grao en Comunicación Audiovisual, a Escola Superior de Deseño e Artes Pablo Picasso, ademais ciclos de Formación Profesional análogos a el.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible