Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de marzo de 2019

A Concellaría de Emprego e Economía social abre o periodo de solicitude da convotatoria de subvencións para o apoio e consolidación de empresas da cidade

A Convocatoria aberta ata o 22 de abril en concurrencia non competitiva trata de contribuir á dinamización e fortalecemento do noso tecido produtivo e a xeración de emprego na contorna local subvencionando a cota de traballadores autónomos e outros rexímenes especiais de traballadores por conta propia.

Beneficiarios: iniciativas empresariais emprendidas no ámbito do concello da Coruña, de carácter privado, validamente constituídas de maneira individual ou a través de microempresas con personalidade xurídica, independentemente da súa forma xurídica, que á data de publicación da presente convocatoria (20/03/2019) teñan un mínimo de 2 anos e un máximo de 5 anos de exercicio continuado da actividade.

Finalidade: subvencionar, a fondo perdido, a cota correspondente ao réxime especial de traballadores autónomos, calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade social, ou de mutualidade de colexio profesional correspondente, tomando como referencia a base mínima de cotización que corresponda, vixente en cada momento e cuxa cota nonteña sido obxecto de redución nin bonificación.

Contía: Poderán ser subvencionables ata un máximo das 10 últimas cotas efectivamente abonadas, consecutivas e inmediatamente anteriores á data de publicación da presente convocatoria, da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, presentadas e abonadas por todas e cada unha das persoas socias participantes da empresa (de ser o caso) de alta no réxime correspondente, sen que o importe máximo destas axudas poda superar a contía de 3000 euros para cada persoa, física ou xurídica, beneficiaria.Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de abril de 2019

Bases: http://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/444197

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión