Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Centro de Planificación Familiar

  • Inicio
  • Anticoncepción de urxencia

É un tipo de anticoncepción que se utiliza cando a persoa se decata de que tivo unha relación sexual coital con posible risco de embarazo, ben porque non utilizou ningunha medida de protección, ben porque a medida que utilizou é moi pouco segura (marcha atrás, ogino…) ou ben porque tivo algún problema co método utilizado (condón roto, esquecementos de anticoncepción hormonal…)

Tipos de anticoncepción de urxencia:

  • Norlevo e Postinor que se utilizan antes de que pasasen 72 horas dende o coito vaxinal de risco. Pódelos conseguir gratis no teu centro de saúde, nos Puntos de Atención Continuada ou nos Centros de Planificación Familiar. Tamén podes mercalos sen receita médica na farmacia.
  • Ellaone que se utiliza antes de que pasasen 120 horas dende o coito vaxinal de risco. Pódelo mercar na farmacia con receita médica.
  • Un Dispositivo Intrauterino (DIU) cando pasaron máis de 72 horas e menos de 5 días dende a relación de risco. Pódelo solicitar gratis no Centro de Planificación Familiar.

RELACIÓN DE P.A.C.:

  • A Coruña: Avda. do Exército nº 2-A (Casa do Mar) - (teléfono: 981-286144)
  • Arteixo: Travesía de Arteixo - (teléfono: 981-601402)
  • Betanzos: Avenida do Carregal, 17 - (teléfono: 981-770711)
  • Cambre: Agra de Samosteiro s/n - (teléfono: 981- 675101)
  • Carballo: Avda. do Ambulatorio s/n - (teléfono: 981-700126 )
  • Cee: r/ G nº 1 - (teléfono: 981-745283)
  • Culleredo: Urbanización Tierno Galván s/n (Acea da Má) - (teléfono: 981-664444)
  • Curtis: r/ Galicia nº 4 (Teixeiro) - (teléfono: 981-785079)
  • A Laracha: Travesía Santa Catalina s/n - (teléfono: 981-605245)
  • Oleiros: r/ Rafael Dieste, 2 (Santa Cruz) - (teléfono: 981-614901 )
  • Ponteceso: Eduardo Blanco Amor, 16 - (teléfono: 981-714802)
  • Sada: Párroco Villanueva s/n - (teléfono: 981-621792)
  • Vimianzo: Rosalía de Castro s/n - (teléfono: 981-716526)

 

Non vaias a Urxencias do Hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen este tratamento.

Importante:

  • Consulta canto antes. A máxima eficacia é dentro das 12 horas post-coito.
  • Non vaias a Urxencias do Hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen o tratamento.
  • Se a médica ou médico que te atende alega obxección de conciencia, esixe ser atendida por outra/o profesional do mesmo centro.
  • Se tes 16 anos xa non necesitas autorización da túa titora ou titor legal. Entre 13 e 16 anos queda a criterio da médica ou médico, en función da madurez da menor de idade.

Pode ser do seu interese

Contacto

Horario de atención

  • Luns, martes, mércores e venres de 9 a 14 horas
  • Xoves de 11.30 a 14 horas

Motivos de consulta

  • Anticoncepción
  • Anticoncepción de urxencia
  • Interrupción Voluntaria do Embarazo e revisión posterior
  • Atención psicolóxica á problemática sexual e de parella
Cartel da actividade

Liberdade con cadeas

Dentro das actividades de promoción da saúde afectivo-sexual que o Centro Municipal de Planificación Familiar da Coruña vén facendo desde hai anos, queremos dar a coñecer o material didáctico Liberdade con Cadeas, sobre as diferenzas de valores e expectativas ligadas ao xénero, elaborado polo alumnado dos Institutos de Formación Profesional Tomás Barros e a Escola Pablo Picasso.

Unha parella mirando senllos reloxos

Anticoncepción de urxencia

Lugares onde se dá gratuitamente:

  • No teu centro de saúde, de luns a venres.
  • No Centro de Planificación Familiar correspondente. (Horario de 9 a 14 horas).
  • Nos puntos de atención continuada (horario de 15 h a 8 h, festivos todo o día)

Non vaias a urxencias do hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen este tratamento.

Sex-inform

Fundación Sexpol:

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?