Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Rede>Coruña>Emprega II

Itinerarios de inserción sociolaboral

Os itinerarios integrados de inserción sociolaboral teñen como finalidade facilitar unha alternativa de emprego a persoas con dificultades de inserción, favorecer a inclusión social e a conciliación da vida persoal e laboral.

Os itinerarios defínense, no proxecto Rede Coruña Emprega II, como un proceso integral e personalizado polo que pasan as persoas en situación de desemprego, co obxectivo de facilitar a súa inserción sociolaboral.

Son perfís dos itinerarios integrados de inserción persoas en situación de desemprego e inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego, que ademais reúnan algún dos seguintes condicionantes asociados:

  • Mocidade menor de 30 anos sen formación habilitante
  • Maiores de 45 anos
  • En paro de longa duración
  • Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial
  • Persoas sometidas a malos tratos físicos ou psíquicos
  • Persoas en proceso de reinserción social
  • Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade
  • Inmigrantes ou emigrantes retornados
  • Coidadores e coidadoras non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia
  • Persoas pertencentes a outros colectivos en risco de exclusión social e laboral

Os Itinerarios Integrados de Inserción implican a posta en marcha dun procedemento de actuación que contempla o paso por diferentes fases descritas no cadro adxunto.

Cadro de Itinerarios de inserción sociolaboral
  • Concello da Coruña
  • Logo FEDER
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Centro Municipal de Emprego. Estrada dos Fortes, 16, 15011, A Coruña.
    • Teléfono: 981 184399 | 010
    • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?