Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de vertedura na planta de Nostián

En que consiste?:

Inclúese neste apartado calquera solicitude de vertedura de residuos urbanos ou asimilables, que polas súas características non se poida realizar directamente nos colectores de recollida ou nos puntos limpos. A solicitude de vertedura sométese a informe dos servizos técnicos da Área de Medio Ambiente, que deciden a procedencia ou non da solicitude. O permiso outórgase mediante providencia da alcaldía. A dita autorización ponse en coñecemento da empresa concesionaria da planta.

Teléfono de contacto: 981 184 315.

Onde se fai?:

Preséntase en calquera dos rexistros municipais:

  • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
  • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña

Enderezo:

Rúa Real 1. 15001 La Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Presentar unha solicitude cos datos da persoa solicitante e indicar o servizo que se solicita.
  • Pagar as taxas correspondentes.

Internet

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión