Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2018

A Coruña acollerá este sábado 2 de xuño o XXXII Gran Premio de Marcha Cantóns da Coruña polo que se despregará un dispositivo especial de tráfico

A cita deportiva provocará cambios na circulación provocados polo peche ao tráfico dos Cantóns entre a praza de Mina e o cruzamento da Avenida da Mariña con Ambrosio Feijoo

Co gallo da celebración desta proba, o Concello despregará un dispositivo especial de tráfico no centro urbano da Coruña. Así, entre as 14.30 e as 21.45 horas, pecharase a circulación nos Cantóns, entre a Praza de Mina e a glorieta da avenida da Mariña que se atopa no cruzamento con Ambrosio Feijoo. A circulación desviarase cara a Juana de Vega e, no transporte público procedente de rúa Real, este desviarase por Ambrosio Feijoo cara a avenida do Porto. Ademais, cambiarase de sentido a rúa Santa Catalina cara a San Andrés, para dar saída a Durán Loriga, e cortarase o acceso a rúa Nova e a Entrexardíns, espazo que se reservará para a organización --a supresión da parada do transporte interurbano obrigará a recortar o itinerario das súas liñas até a praza da Palloza.

O peche dos Cantóns afectará á parada de taxis do Obelisco, que se suprimirá, e ás liñas de transporte público urbano 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17, 23 e 23A, que contarán con paradas provisionais na avenida do Porto, á altura do Kiosco Alfonso. Desde Porta Real, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17, 23 e 23A, no sentido saída da cidade incorporaranse, á altura do Teatro Rosalía de Castro, por Ambrosio Feijoo e avenida do Porto, para dirixirse cara a praza de Ourense. No sentido entrada, desde praza de Ourense desviaranse pola avenida do Porto e o túnel da Mariña cara á parada do Abente y Lago, no que retomarán o seu itinerario habitual. No caso concreto da liña 3A, no sentido de circulación cara aos Rosales, desde praza de Ourense continuará por Juana de Vega e Praza de Pontevedra; e as liñas 3 e 7, no sentido cara a Monte Alto, circularán por San Andrés, Rúa Alta, Paseo Marítimo, Hospital, Campo da Leña, Veramar e Paseo Marítimo para incorporarse, no Abente y Lago, ao seu itinerario.

Tamén durante a celebración da proba pecharanse as entradas e saídas do aparcamento dos Cantóns na zona do circuíto, manténdose operativas as restantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión