Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2018

O Concello pechará durante toda a fin de semana o acceso a praias, parques e xardíns ante a alerta laranxa activada no litoral

O paso da borrasca Félix provocará o peche da Torre de Hércules e a Casa das Ciencias. O goberno local prega á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante o temporal, que persistirá até o domingo

O Concello da Coruña despregará desde esta noite un dispositivo especial de seguridade ante a previsión meteorolóxica desta fin de semana, que alerta de fenómenos costeiros con fortes ondas así como refachos de vento en terra provocados polo paso da borrasca Félix. Así, desde as 22.00 horas desta noite, limitarase o acceso aos areais da cidade, que permanecerán pechados durante toda a fin de semana. O fenómeno meteorolóxico adverso no mar tamén provocará a cancelación das actividades previstas no exterior das instalacións do Aquarium Finisterrae.

As zonas verdes da cidade --parques e xardíns--, así como áreas infantís, permanecerán pechadas tamén até o domingo a ante o adverso por fortes ventos previsto a partires das 15.00 horas da tarde do sábado, que motivou a activación da alerta laranxa. Deste xeito, ao longo da mañá do día 10, os servizos de seguridade iniciarán o precintado destes espazos. O dispositivo por refachos da borrasca tamén afectará, polo tanto, á Casa das Ciencias, situada no Parque de Santa Margarita, ao igual que á Torre de Hércules e o seu Centro de Interpretación e de Atención ás persoas Visitantes (CIAV).

O goberno local lembra á veciñanza a importancia de seguir as recomendacións dos servizos de seguridade e emerxencia municipais así como de extremar as precaucións para evitar situacións de risco innecesarias, como non achegarse a zonas próximas ao litoral para tomar fotografías ou vídeos ante hipotéticos golpes de mar.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión