Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2017

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07:00 horas do 13 de xuño até as 07:00 horas do 21 de xuño

DENUNCIADO POR DELITO DE FURTO

-  Ás 10:30 horas do dia 15, un axente do Policía Local que traballaba de paisano, cando pasaba pola rúa Real, viu a un home saír correndo dun establecemento, cun bote de perfume na súa man, polo que procedeu a interceptalo, sendo cando o home detense sen facer ademán de resistirse. A continuación, os policías que acudiron ao lugar observaron como unha empregada do establecemento comercial saía correndo da tenda  e vendo que os policías interceptaran ao home, quitoulle das súas mans o perfume que subtraera, comunicándolle os axentes que agora non o podería quedar, xa que era un obxecto intervido. O home tivo que ser trasladado ás dependencias policiais, xa que carecía de documentación, resultando ser un veciño desta cidade de 38 anos. Desde o establecemento manifestaron que formularán denuncia polos feitos ocorridos. O perfume foi valorado en 70 euros e quedou depositado nas dependencias policiais a disposición xudicial.

IDENTIFICADO POR INSULTOS E EMPUXÓNS A UNHA CONTROLADORA DA ORA

-  Ás 17:00 horas do dia 15, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se trasladase á rúa Pío XII, onde ao parecer un cidadán estaba a agredir e insultando a unha controladora da ORA. Acudidos no lugar, os axentes foron informados pola controladora de que un mozo, alí presente, cando realizaba o seu traballo de quitar a foto a un vehículo infractor á ORA, incrépoa, proferindo insultos cara a ela á vez que se apeaba do vehiculo, comezando a gravala co seu teléfono móbil continuando coas increpacións e ameazas. Ao mesmo tempo que a controladora pretendía realizar a terceira foto do vehículo alí estacionado, o mozo co teléfono móbil, golpeouna co mesmo na súa man esquerda e no peito, á altura das clavículas, impedindo a realización da devandita foto e ensinando aos axentes marca no torso da man esquerda, a consecuencia do móbil, de feito que a controladora presentaba un claro estado de nerviosismo.  Por outra parta, o condutor  do vehículo, un mozo de 27 anos, díxolles que acababa de estacionar o coche no lugar para deixar á súa noiva no seu posto de traballo, sito nas proximidades, cando observou como a traballadora da ORA, estando xa el no interior do coche, procedeu a quitarlle fotos ao mesmo coa intención de denuncialo, dirixiuse a ela para informarlle de que xa se ía a ir, contestándolle esta que había que poñer o ticket, iniciándose unha discusión e gravándoo todo co seu móbil. Ambas partes foron informadas da maneira de proceder por se querían denunciar os feitos.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Un condutor denunciado por dar positivo na proba de drogas. Foi detectado ás 10:26 horas no Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, á altura da Torre de Hércules, como consecuencia dun control preventivo. O condutor de 46 anos e veciño da Coruña deu positivo en cannabis. Do turismo que conducía fíxose cargo un terceiro.

- Ás 05:15 horas, na rúa Curros Enríquez, unha dotación deste corpo deu o alto a un vehículo que circulaba de modo errático, o seu condutor, un home de 22 anos e veciño desta cidade mostraba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que foi requirido para realizar as correspondentes probas de determinación do grao de alcol. Que arroxou resultado POSITIVO (0,66 e 0,69 mg/l) e tramitáronse dilixencias ao Xulgado polo procedemento de Xuízo Rápido, por un DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA. Do vehículo que conducía, un turismo da marca e modelo Audi A4, fíxose cargo unha persoa que se achaba en boas condicións para a condución.

CONTROL DA ORDENANZA DE XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS

Ás 11:00 horas do 19 de xuño, unha dotación da Policía Local denunciou a un veciño desta cidade por satisfacer as súas necesidades fisiolóxicas na vía pública, na zona do centro da cidade. A patrulla identificou a esta persoa, un home de 29 anos, e informoulle de que sería denunciado por unha infracción administrativa á Ordenanza de Xestión de Residuos e Limpeza Viaria.

AUXILIO Á CIDADANÍA

Ás 18:30 horas do 19 de xuño, unha patrulla desprazouse á avenida da Pasaxe para colaborar cunha dotación de bombeiros na extinción dun incendio no motor dun vehículo, que quedou sufocado sen que sufriran lesións os ocupantes do turismo.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

Ás 05:38 horas do 20 de xuño, unha dotación deu o alto a un turismo na rúa Hospital, á altura de Salesianos, por non respectar a luz vermella dun semáforo e detectou que o seu condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que deu aviso ao equipo de Atestados. O condutor, un home de 34 anos e veciño de Culleredo, arroxou un resultado positivo (0,39 e un 0,38 mg/l) nas probas de impregnación alcohólica, polo que podería ser sancionado con 500 € e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir. Ademais, o condutor foi denunciado administrativamente por circular cun vehículo coa inspección técnica de vehículos (ITV) desfavorable. O turismo, da marca e modelo Jeep Patriot, foi trasladado até o Depósito municipal.

CONTROL DE VENDA AMBULANTE NA VÍA PÚBLICA

O 20 de xuño, unha dotación da Policía Local incautou varios vultos abandonados na vía pública na contorna do Mercadiño da Sardiñeira que foran abandonados por vendedores sen a correspondente licenza municipal ao decatarse da presenza policial. Un total de 19 vultos e dous carriños, con todo tipo de obxectos usados e sen valor, foron retirados pola empresa concesionaria de recollida de residuos sólidos urbanos.

DENUNCIA POR ACTIVIDADE COMERCIAL OU VENDA AMBULANTE

Ás 12.40 horas do 20 de xuño, unha patrulla identificou a unha muller de 49 anos por estar a exercer a venda ambulante de roupa na avenida Arteixo sen a correspondente licenza municipal, infrinxindo así a Lei de comercio interior de Galicia por competencia desleal.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 19:00 horas do 20 de xuño, unha dotación do Corpo Nacional de Policía deu o alto a un turismo que circulaba polo lugar de Curramontes facendo eses e detectou que o seu condutor presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que solicitou a presenza do equipo de Atestados. Este condutor, un home de 45 anos, arroxou un resultado positivo (1,03 e 1,08 mg/l) nas probas de impregnación alcohólica, e se lle tramitaron dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Seat Córdoba, fíxose cargo un coñecido.  

- Ás 22:30 horas do 20 de xuño, unha patrulla deu o alto a un vehículo cando circulaba de forma anómala pola rúa Juan Flórez, e deu aviso ao equipo de Atestados ao apreciar que o seu condutor presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O condutor, un home de 55 anos, arroxou un resultado positivo (0,64 e 0,66 mg/l) nas probas de impregnación alcohólica, polo que se deu traslado das dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Mercedes C280, fíxose cargo un coñecido do condutor.  

- Ás 01:20 horas do 21 de xuño, unha dotación policial deu o alto a un turismo na rúa San Diego e deu aviso ao equipo de Atestados ante os signos evidentes de que o condutor  que o seu condutor, un home de 67 anos de idade e veciño da Coruña, presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que deron aviso ao equipo de atestados que lle practicaron as probas de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado POSITIVO (0,47 e 0,49 mg/l), polo que podería ser sancionado con 500 ? e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Audi A6, fíxose cargo unha coñecida do condutor.

- Ás 03:05 horas do 21 de xuño, unha dotación policial deste Corpo deu o alto a un turismo na rúa Severo Ochoa e detectou que o seu condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que deu aviso ao equipo de Atestados. O condutor, un home de 22 anos, arroxou un resultado positivo (0,54 e 0,53 mg/l) nas probas de impregnación alcohólica, polo que poderá ser sancionado con 1000 € e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Peugeot 206, fíxose cargo un coñecido do condutor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión