Enténdese por malos tratos calquera acto de agresión que recibe a muller por parte do seu marido, parella ou familiar, que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico, incluíndo as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto se se produce na vida pública, como na privada.
Pódese interpoñer a denuncia nalgunha destas dependencias:
Avenida Alférez Provisional, 3, baixo, A Coruña.091; 981 166 300
Lugar Lonzas, s/n, A Coruña.062; 981 167 800
Rolda Nelle, 24, A Coruña.981 153 410.
Rúa Monforte, s/n, A Coruña.981 185 248
Se se é obxecto de malos tratos por parte da parella coa que se convive ou doutros familiares tense o dereito a denuncialo. Os malos tratos no ámbito doméstico adoitan darse na máis estrita intimidade, sen testemuñas, por iso, é a maltratada quen ten que denuncialo.
Denunciar é poñer en coñecemento das autoridades os feitos para que leven a cabo as accións pertinentes.
No suposto de haber lesións físicas ou agresións sexuais débese acudir inmediatamente a un centro de saúde, ambulatorio ou centro hospitalario, sen lavarse e coa mesma roupa que levaba no momento da agresión. Será necesario explicarlle ao persoal sanitario a orixe das lesións.
É importante pedir unha copia do informe médico, xa que ten importancia para que un posterior xuízo se axuste aos feitos denunciados.
Servizo de Atención Inmediata para Mulleres Maltratadas:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible