Concello da Coruña

Concello da Coruña

Limpeza de soares

En que consiste?:

Trátase dun procedemento utilizado para manter as parcelas non edificadas en condicións de salubridade e hixiene adecuadas.

Unha vez comprobada a denuncia polos servizos de inspección, envíase o plano de localización do soar á Xerencia Territorial do Catastro para identificar as persoas propietarias do terreo, ás que se lles outorga un prazo para efectuar os labores de limpeza.

Onde se fai?:

  • Preséntase en calquera dos rexistros municipais:
    • Palacio Municipal: praza de María Pita s/n, 15003 A Coruña
    • Fórum Metropolitano: r/ Río Monelos (Parque Europa), 15006 A Coruña.
  • Tamén se pode efectuar chamando ao 010 ou a través da oficina virtual da web de Medio Ambiente: http://www.coruna.es/medioambiente
  • Tramítase na Área de Medio Ambiente (ver localización no rueiro)

Enderezo:

Rúa Real 1. 15001 La Coruña

Teléfono:

981 184 315

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Presentar unha instancia na que consten os datos da persoa solicitante do servizo xunto coa descrición do problema, indicando a localización xeográfica do soar en cuestión.

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión