Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2024

Instaláronse un cento de novos hidrantes de tipo soterrado, 26 deles en substitución de bocas de incendios existentes para a mellora da accesibilidade peonil

O Concello da Coruña inviste preto de 150.000 euros na mellora da rede de hidrantes da cidade

Tamén se levou a cabo a sinalización de 150 dispositivos existentes, repartidos en todos os barrios da Coruña

O Concello da Coruña levou a cabo diversas melloras na rede de hidrantes da cidade, renovando e instalando novas bocas de incendios para a mellora da protección e seguridade cidadá. O Goberno de Inés Rey reforza así o seu compromiso cos servizos de prevención e extención de incendios.

A Administración local investiu preto de 150.000 euros para para o subministro e instalación de 100 hidrantes soterrados, ou de tipo arqueta hydroflow, coa súa sinalización vertical correspondente. Este sistema de hidrante instálase en substitución das bocas de tipo aéreas, ate o momento máis habituais, avanzando cara unha maior accesibilidade da vía pública. 

En canto á instalación dos cen novos hidrantes, cabe destacar que 26 correspóndense con tomas xa existentes, das que 24 se desprazaron a unha nova localización non superior a 3 metros da actual e 2 non superior a 10 metros. Deste xeito, das 566 existentes actualmente no termo municipal, 383 son xa de tipo soterrado, o que equivale ao 67,78%.

Ademais, no marco do plan de mellora da rede de hidrantes, o Concello da Coruña procedeu á sinalización vertical de 150 tomas xa instaladas facendo máis doada a súa localización en caso de emerxencia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión