Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Vehículos - Matriculación

En que consiste?:

Matriculación de vehículos

Onde se fai?:

Presencial

Que se necesita?:

Documentación xeral:

  • Impreso de solicitude (pódese descargar a través da páxina web: www.dgt.es).
  • Aboamento da taxa correspondente.
  • Documento que acredite a identidade e domicilio do titular: persoas físicas: DNI en vigor, permiso de condución español, tarxeta de residencia, pasaporte máis Número de Identificación de Estranxeiros. Este trámite poderá ser realizado por outra persoa coa condición de que achegue, ademais da documentación requirida, unha autorización asinada pola persoa interesada e o DNI da autorizada. Persoas xurídicas: tarxeta de identificación fiscal da sociedade e acreditar a representación e identidade do que asine (impreso). Menores ou persoas incapacitadas: datos e sinatura do pai, nai ou titor, o seu DNI en vigor e documento que acredite o concepto polo que actúen.
  • Documentación do vehículo: tarxeta de ITV, con folla rosa e folla azul coa dilixencia de venda ou, na súa falta, factura ou acta de adxudicación se procede de poxa.
  • Impostos: Xustificante do pago ou exención do Imposto de Circulación do Concello no que teña o seu domicilio a persoa solicitante (orixinal ou fotocopia). Xustificante do pago/exención/non suxeición do Imposto de Matriculación (modelo 576, 06 ou 05 da Axencia Estatal Tributaria), excepto no caso de remolques.

Documentación para vehículos agrícolas:

Ademais da documentación indicada no punto anterior, deberá achegar:

  • Documento acreditativo da inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da Comunidade Autónoma.

Documentación para vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou persoas:

Ademais da documentación indicada no apartado documentación xeral, deberá achegar:

  • Certificado de autorización de transportes se se trata dun autobús ou un vehículo de transporte de mercadorías cunha MMA superior a 6 toneladas e unha carga que exceda de 3,5 toneladas.

Documentación para vehículos novos adquiridos na UE:

Ademais da documentación indicada no apartado documentación xeral, deberá achegar:

  • Xustificante do pago do IVE (modelo 309 ou 300 da Axencia Estatal Tributaria ou acreditar estar incluído no censo de suxeitos pasivos do IVE).
  • Ficha técnica expedida pola ITV.

Documentación para vehículos usados adquiridos na UE:

Ademais da documentación indicada no apartado documentación xeral, deberá achegar:

  • Se se trata de venda entre particulares, contrato de compra e venda acompañada de tradución e Imposto de Transmisións Patrimoniais.
  • Se o vehículo se adquire a un compravenda dun país distinto de España, achegarase factura na que figure o número de IVE.
  • Se o vehículo se adquire a un compravenda español, achegarase factura e documento expedido por Facenda, xustificativo de estar dado de alta nesa actividade durante o exercicio correspondente.
  • Ficha técnica expedida pola ITV.

Documentación para vehículos adquiridos en países estranxeiros que non pertencen á UE:

Ademais da documentación indicada no apartado documentación xeral, deberá achegar:

  • Documentación orixinal do vehículo.
  • Documento Único Administrativo (DUA) expedido pola Aduana, salvo que na tarxeta de ITV conste a dilixencia de importación do vehículo.

Internet

Teléfono

Máis información:

Normativa:

Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Vehículos, publicado no BOE núm. 22 do 26 de xaneiro de 1999. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 38 do 13 de febreiro de 1999.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?