Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Aata cubrir prazas.
A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026, con formación no ámbito do voluntariado e xuventude.
Ata o 31/07/2026
Santander Open Academy organiza esta formación en liña e gratuíta que poderás realizar ao teu ritmo. O proxecto Perkins Dixital Braille oriéntase ao desenvolvemento dunha tecnoloxía accesible de baixo custo destinada a fortalecer procesos de alfabetización, inclusión educativa e acompañamento pedagóxico de persoas cegas ou con baixa visión.
Aberto ata 31 de decembro de 2026.
Santander Open Academy organiza esta formación en liña e gratuíta que poderás realizar ao teu ritmo.
Ata o 05/08/2026
O Ministerio do Interior convoca proceso selectivo para ingreso como persoal laboral fixo, nos grupos profesionais M3, M2, M1, E2 e E1 suxeitos ao IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Administración Xeral do Estado. 396 prazas pola quenda libre e mediante o sistema de oposición.
Ata o 03/09/2026
A Biblioteca Provincial xunto co Servizo de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos sobre o patrimonio dos concellos da provincia.
Ata o 31/07/2026
O Ministerio do Interior convoca 2.704 prazas de alumnos/as da Escola Nacional de Policía da División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na Escala Básica, categoría de policía, da Policía Nacional.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible