Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de febrero de 2024

O Concello acometerá un plan de melloras para renovar a rede de saneamento nos núcleos poboacionais de Castro de Elviña

O obxectivo é dotar ao barrio dunha nova infraestrutura para a recollida de pluviais. Actuarase nas rúas do Canedo, O Picho, A Fraga e a Pena do Cuco, preto da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC

O Concello da Coruña prevé acometer melloras de saneamento nos núcleos poboacionais de Castro de Elviña, unha iniciativa na que se contempla un investimento de 812.338 euros.

Esta actuación, que se levará a cabo entre as rúas do Canedo, O Picho, A Fraga e a Pena do Cuco, suporá, a grandes rasgos, a renovación da rede municipal de sumidoiros de augas fecais. Substituiranse as antigas tubaxes de saneamento, de gres, por unhas novas, feitas a base de PVC, para reforzar a seguridade ante posibles fugas. Ademais, dotarase ao barrio dunha nova rede separativa para a recollida de augas pluviais.

O plan de traballos tamén suporá melloras en termos de urbanización nas rúas afectadas, coa renovación do firme da calzada toda vez se instalen os colectores subterráneos.

Ademais, tamén se actuará no pavimento da contorna da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña, xa que a rúa da Fraga circula polo circuíto interior das instalacións da ETSAC. Concretamente, entre o aparcadoiro público e o edificio departamental da Escola.

Unha iniciativa cofinanciada a través do POS 2024

Para sufragar estas obras, o Concello aprobou esta semana, en Xunta de Goberno Local, participar no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, promovido pola Deputación.

Neste sentido, o Goberno de Inés Rey presentou á convocatoria deste ano unha solicitude de financiación por valor de 102.432 euros. Desta forma, sumando a achega prevista polo Concello, uns 709.000 euros, cubriríase o importe necesario para executar os traballos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión