Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

James Rhodes

“A música que interpreto nesta nova xira fálanos dos nosos mundos internos e externos. Desde a interioridade de Beethoven e a espiritualidade de Chopin ata o alegre e grandilocuente mundo de Bach, mergullarse no universo destes grandes compositores bríndanos unha oportunidade única para escapar do mundo cada vez máis tolo no que vivimos e recargarnos un pouco as pilas”.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

02/03/2019

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Dirección:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Precio:

20,00 / 22,00 / 26,00 € (1ª fila de principal - visibilidade reducida - 18,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familia numerosa, - 25 % (descontó aplicable só nos despachos de billetes)

 (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)

Organiza:

Primer Beat Producción

Carismático,  visceral e moi  talentoso, James  Rhodes asegura que  Bach salvoulle a vida. Así nolo explicaba no prólogo do seu primeiro libro, "Instrumental. Memorias de música, medicina y locura" (7ª edición, máis de 100.000 exemplares vendidos), co que obtivo un enorme e inesperado éxito.

Rhodes converteuse nun dos principais  divulgadores da música clásica no mundo, grazas ás súas xiras e concertos en todo tipo de festivais e salas, e varios documentais sobre a súa figura filmados coa complicidade de cadeas de televisión británicas. 

O seu libro máis recente, "Fugas" -" Fire  on  all  Sides" na súa edición en inglés-, repasa unha das súas xiras máis importantes e recolle as vivencias, medos e derivas emocionais do seu día a día, sempre rodeado da música que tanto ama.

Reverenciado pola crítica polo seu estilo irreverente e innovador,  Rhodes achega un toque moi persoal a cada unha das súas actuacións. E a súa actuación deste ano na Coruña,  promete ser máxica, sen dúbida, e non deixará a ninguén indiferente...-- 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión