Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Nosotros, ellas y el duende" de Carlos Llopis

GRUPO DA CASA DE CASTELA – LOS CIGARRALES

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/02/2018

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

5'00 €

Televenda:

Ticketea

Organiza:

Casa Castela – A Mancha

O grupo de teatro LOS CIGARRALES da Casa de Castela - A Mancha, grupo veterano que comezou a súa andaina en 2006.

Esta obra de Carlos Llopis preséntanos a Pilar e Claudio, unha parella de mozos a piques de contraer matrimonio. Pouco antes da data fixada prodúcese o encontro das súas respectivas familias. O pai dela (Eduardo) e a nai del (Antonina), ambos os dous viúvos, namóranse, e finalmente prodúcese unha dobre ligazón. Esta circunstancia dá lugar a numerosas e divertidas situacións de enredo e loita de sexos, das que sairán case sempre invictas as señoras.

Carlos Llopis estreou esta obra en Madrid no ano 1946. No seu libreto "confésase": "Homes espectadores da miña comedia. Resolvín o problema maior da vosa existencia. Por que mandan elas?... Xa está a salvo o voso orgullo de homes. Os seres sobrenaturais non se poden combater ... Fágome cargo do favor que vos fixen ao descubrir o Trasgo. A elas... Sabedes que o Trasgo non existiu nunca. Hai outro real, evidente, que por estar en vós é o voso aliado, e chámase Feminidade." Este é o "descubrimento" que o señor Llopis fixo alá polos anos corenta do pasado século e que nós poñemos en escena hoxe conservando o seu ambiente, coa intención de facervos pasar un momento divertido.

REPARTICIÓN::  Por orden de aparición

Pilar                       Mariquiña Miragaya

Ana                       Gemma Embodas

Felisa                    Sira Delgado

Eduardo              Jesús Manuel Freire

Claudio                Paco López

Antonina             Charo Barros

Anselmo             Alejandro Mosquera

Clementina        Mila López

Solís Ayamonte-Javier González

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión