Horario de verán
Horario do Centro Ágora
Do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2021, ambos incluídos, o horario será de 8.00 a 21.00 horas. De luns a venres. Os sábados estará aberto de 8.00 a 14.00 h.
Horario da Biblioteca
Do 15 de xuño ata o 16 de setembro a biblioteca pechará ao público de 14:00 a 16:00 h. Pola mañá estará aberta de 09.00 a 14.00 h de luns a sábado, e pola tarde de luns a venres de 16.00 a 20.30 h.
Horario do Rexistro
- Do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2021, ambos incluídos, o horario será de 7.45 a 14.00 horas. O horario de rexistro e atención ao público será de 8.00 a 13.30 horas.
- O horario durante a primeira semana completa do mes de agosto, "Semana Grande", será de 8.00 a 12.30 horas.
Horario do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
De luns a venres de 10:00 a 14:00 h e tardes de 17:00 h a 20:00 h
* O centro permanecerá pechado os domingos e festivos.
Ágora é un equipamento sociocultural municipal integrado no que toda a cidadanía poderá atopar unha variada programación dirixida a todo tipo de públicos. Nas súas amplas instalacións calquera cidadán poderá desde acudir á biblioteca, ver unha exposición, reunirse cos amigos e amigas, participar nun taller ou asistir a unha obra de teatro ou danza. Desa maneira satisfaranse de forma intergeneracional as necesidades formativas, lúdicas, sociais e culturais de variados sectores de públicos.
Pero entre os obxectivos do Centro Ágora non só está dar resposta ás necesidades actuais senón tamén avanzar solucións ás futuras de forma tal que moitos dos seus programas serán pioneiros e terán un marcado carácter innovador..
VENDA DE LOCALIDADES
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible