Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Acouga, de Berrobambán, con Paula Carballeira e Chiqui Pereira

A Meniñeira, que aparece cada vez que alguén lle murmura a unha nena ou a un neno pequeno: “acouga”, intenta borrar as penas, afastar os medos, coa música das palabras e dos sons que arrolan. Pedro Chosco, co seu saco cheo de area e de soños, recolle para a Meniñeira as palabras que se gardan coma tesouros. Aquelas palabras que, con dicilas ou escoitalas, nos debuxan un sorriso e nos entornan as pálpebras.

A quen vai dirixido?:

De 1 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

11/01/2018

Sesión das 17.00 horas

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 30/10/2017 ata o 10/11/2017

Actividade limitada a 30 nenos/as de 1 a 3 anos

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Duración:

trinta minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Cativos e cativas maiores de 1 a 3 anos que terán que ter a compañía dunha persoa adulta.

"Acouga" é un espectáculo pensado cunha intención poética, a da evocación das palabras, a da recreación da música da linguaxe. O xogo escénico ponse ao servizo dun momento compartido onde personaxes da mitoloxía galega como "A Meniñeira" ou "Pedro Chosco" toman corpo para descubrirnos a esencia do fantástico, que é a aprendizaxe do mundo. Nada mellor que acompañalos nesta aventura, a dos inicios da linguaxe, con toda a súa capacidade de suxestión.

O espectáculo está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Tamén che pode interesar...

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión