Actores novos presentan espectáculos de teatro. Porque é unha maneira sa de atoparse, compartir, aprender, crecer e divertirse.
Para público en xeral
Os días 23/06/2017, 24/06/2017, 25/06/2017
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada libre ata encher a capacidade. Aberto ao público xeral.
Un escenario como punto de encontro para a mocidade que dedica o seu tempo libre a facer teatro.
Estes encontros lévanse realizando desde hai xa varios anos. Artistas mozos vanse de xira a outros puntos de España para coñecerse a través dos seus intereses comúns. Valencia, Málaga, Madrid e Zaragoza foron as cidades de encontros pasados. Este ano tócalle á cidade da Coruña.
Desde A Coruña, as escolas de teatro KATARSIS e ANDAMIO viaxaron a Zaragoza e Madrid nas pasadas edicións para participar destes encontros. Unha experiencia enriquecedora para o seu alumnado que quere seguir participando, pero esta vez, exercendo de anfitrións. Así, da man de GATEA, (Artes Escénicas para todos os públicos -Galicia) e no centro ÁGORA realizaremos o ENCONTRO DE ESCOLAS DE ARTE 2017.
Nestes encontros mocidade de 10 a 18 anos de idade asiste a talleres impartidos polas escolas participantes e cada escola presenta unha proposta escénica.
AXENDA DE ACTIVIDADES
VENRES 23 de xuño nas escolas KATARSIS e ANDAMIO
18.00 a 20.00 h TALLERES para a mocidade participante da mostra en KATARSIS e ANDAMIO
SÁBADO - 24 de xuño no CENTRO ÁGORA
ESPECTÁCULOS
12.30 h Teatro del Andamio presenta EL SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO
16.30 h ESTUDIO NEREA LOVECCHIO presenta ZAPATILLAS ROJAS - situacións límites que fan aflorar o lado humano.
17.15 h KATARSIS, School of Drama and English presenta I AM ALICE, unha versión moderna inspirada en Alicia no país das marabillas.
18.45 h TYL TYL TEATRO presenta IMAGINE inspirada na canción de Imagine de John Lennon.
DOMINGO 25 de xuño no CENTRO ÁGORA
11.30 a 13.30 h DEBATE E REFLEXIÓN E ENTREGA DE DIPLOMAS
19.00 h ROMEO Y JULIETA de KATARSIS
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible