A sala Plataforma14 situada no edificio Fórum Metropolitano da Coruña, acolle no mes de setembro a mostra expositiva “La mirada de la piel” da artista Paula Morales.
Para público en xeral
Dende o 05/09/2018 ata o 28/09/2018
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
Paula Morales (Mos, Pontevedra, 1983) é arquitecta, artista e docente. A súa obra centrouse desde o principio no retrato realista e detallado. Realiza as súas obras en distintas técnicas; lapis, pastel, óleo, acuarela e gravado, prestando sempre especial atención ás texturas. Os seus retratos sucan o carácter e a pel a través de cartografías persoais.
Unha estancia traballando nun proxecto de cooperación lévaa a interesarse pola poboación indíxena. A partir de aí comeza unha investigación que lle descobre as fotografías de nativos americanos, datadas ao redor de 1908, de Richard Throssel e Edward Curtis. Comeza así unha serie de retratos de nativos americanos realizados con diferentes técnicas, estampaxe de linóleo sobre taboleiro de madeira e sobre papel, aguatinta sobre papel, lapis sobre taboleiro de madeira imprimado e lapis e acuarela sobre papel. Esta serie principal da exposición, destaca pola súa expresividade intimista onde pel, miradas e texturas reflicten as experiencias vitais dos seus protagonistas.
A exposición estará aberta ao público do 5 ao 28 de setembro.
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
07/05/2024
Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024
Require inscrición
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
08/05/2024
Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024
Require inscrición.
08/05/2024
09/05/2024
Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024
Require inscrición
09/05/2024
Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible