Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Plataforma14: Cesión dunha sala de exposicións no Fórum Metropolitano

Plataforma14 é unha sala de exposicións do Fórum Metropolitano que ten como obxectivo potenciar e visibilizar o traballo da mocidade creadora da nosa cidade, a través da creación dun espazo físico onde poidan mostrar os seus proxectos expositivos.

O nome Plataforma14 recupera a memoria dos 13 antigos depósitos da CAMPSA situados na zona na que se sitúa actualmente o Fórum Metropolitano.

Quen pode solicitar a cesión da sala?

A sala pode ser solicitada por todas as persoas que teñan un proxecto artístico relacionado coa creatividade emerxente, pero a cesión do espazo priorizarase a:

  • Mocidade creadora de entre 15 e 35 anos, vinculada á nosa cidade, é dicir, que nacesen, residan, traballen ou estuden nela.
  • Colectivos de artistas, nos que polo menos o 75% das persoas que integren o dito colectivo cumpran os requisitos establecidos no punto anterior.
  • Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.
  • Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover unha exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.

A cesión da sala é gratuíta.

Que tipos de obras se poden expoñer?

As obras expostas pertencerán, en sentido amplo, ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte etc.), sempre que se poidan axustar ao espazo expositivo e ao seu equipamento.

A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes axeitados para a exposición de artes plásticas, escultura e arte multimedia.

Cales son as normas de uso?

Nas seguintes ligazóns podes acceder ás normas de uso da sala e a un plano descritivo:

Documentación necesaria

1. As solicitudes para solicitar a cesión da sala deberán ser entregadas nos rexistros municipais e será obrigatorio o emprego do modelo normalizado que se pode descargar aquí .

As ditas solicitudes irán acompañadas de:

  • Breve currículo vitae e artístico das persoas que pretenden expoñer as súas obras.
  • Un dossier coa relación de obras que integrarán a exposición (papel, arquivo informático, CD, DVD etc.) , ficha técnica de cada obra (título medidas, material utilizado, data de realización etc.), e imaxes delas en formato alta calidade (1 MB) e en formato .jpg
  • Memoria descritiva da exposición, na que o artista ou colectivo poderá formular calquera cuestión que considere necesaria (necesidades expositivas, organización espacial da exposición etc.)

2. Unha vez proposta a solicitude para ser autorizada, o Concello poñerase en contacto coa persoa que presenta a solicitude para achegar a seguinte documentación como requisito previo para a concesión da devandita autorización:

a) Fotocopias do DNI de todas as persoas que participarán na exposición.
b) Documentación que demostre a súa vinculación coa cidade das persoas que participen na exposición (padrón, matrícula de estudos, certificado de empresa etc)
c) Permiso paterno/materno/titor legal das persoas que participarán na exposición.

E se quero obter máis información da Plataforma14?

Se tes algunha dúbida ou queres visitar a sala de exposicións, pódesnos chamar ou achegarte ao Centro Municipal de Información Xuvenil. O noso enderezo é:

Edificio Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1
Tel.: 981 184 294
cmix@coruna.es
www.coruna.es/cmix/plataforma14

Exposicións 2020

Histórico de exposicións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión