Pequeno obradoiro de nanas para que as familias aprendan algunhas das melodías tradicionais para adormecer os seus bebés.
Familiar
Familias, Para público en xeral
03/10/2017
Xa rematou
Dende o 18/09/2017
Unha hora cada sesión
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
Familias con bebés de 0 a 3 anos, futuras/os nais e pais, formadoras/es de escolas infantís, monitoras/es etc.
O obxectivo é que nais, pais e outros familiares poidan aprender a practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e comezar a transmitirlles a lingua e a música.
O obradoiro componse de dúas sesións. A primeira será o martes 3 e a segunda, o martes 10 de outubro na aula 10 do Centro Ágora.
Nas dúas sesións de que consta o obradoiro, as persoas participantes aprenderán a cantarlles aos seus bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.
O obradoiro, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, está impartido polo músico Xabier Díaz que, entre outros proxectos, publicou o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández que tamén vai participar neste obradoiro.
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible