Continúa imparable a 10ª edición do ciclo mensual de recitais POETAS DI(N)VERSOS, as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Para público en xeral
14/01/2019
Xa rematou
20.30h
1h aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
981 189 888
O vindeiro luns 14 de xaneiro, dúas grandes personalidades compartirán lectura poética na Coruña: Valter Hugo Mãe e Miguel-Anxo Murado.
O primeiro naceu en Angola aínda que reside hoxe en Vila do Conde (Portugal), o segundo é natural de Lugo e vive en Madrid dende hai anos. Ambos posúen visións personalísimas da escrita e do mundo que os rodea, son carismáticos e polígrafos; o portugués é tamén un exitoso narrador, editor, cantante e presentador de televisión, traducido a multitude de linguas e unha das imprescindibles voces portuguesas, e o galego, ademais de columnista e un ensaísta inesquecible, foi xornalista especializado en conflitos armados, por iso cubriu a Guerra dos Balcáns ou traballou para a ONU vivindo anos en Oriente Medio.
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
16/05/2024
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible