O meu traballo é para os que viaxastes e descubristes que moran deidades en primitivas tallas de basta madeira ou en rudos pórticos de granito; é para os que algunha vez vos perdestes e vos refuxiastes en fantasías do que puido ser e xa nunca será; é para quen algunha vez lacrou cun bico sabor a ron palabras que nunca pronunciou; é para os que vivistes, sentistes, soñastes… para os que sodes coma min. Vanessa Lodeiro
Para público en xeral
Dende o 14/08/2018 ata o 11/09/2018
Xa rematou
- Luns: pechado
- De martes a sábado
Mañás de 11:00 a 13:30 h
Tardes: de 18:00 a 20:00 h
- Domingos e festivos
Mañás de 12:00 a 14:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
O universo pictórico de Vanessa Lodeiro toma forma nos recunchos que serviron como contexto das súas propias experiencias persoais. Destaca a súa terra natal, A Coruña, a cidade que, coas súas paisaxes marítimas e encantadoras paraxes, preséntase como un dos principais escenarios da súa obra.
A súa pintura fai gala dun persoal surrealismo figurativo (rica figuracion, principalmente feminina) no que os personaxes acaparan totalmente o protagonismo.
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible