Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Inscrición

A Coruña21 Inscrición

As persoas participantes poderán formalizar a súa inscrición:

a) Inscrición en liña: a través da pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde o 10 de novembro ata as 24:00 horas do 10 de febreiro de 2018.

b) Inscrición presencial: cubrindo a folla de inscrición e aboando a correspondente cota, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés. Informarase do prazo de inscrición.

LOCALIZACIÓN DE CENTROS COMERCIAIS EL CORTE INGLÉS

LOCALIDADE

Ramón y Cajal

Departamento de Deportes (7ª planta)

Ramón y Cajal, 57 e 59

A Coruña

Marineda City

Departamento de Deportes (2ª planta)

Estrada Baños de Arteixo, s/n. Polígono Industrial da Grela

Compostela

Departamento de Deportes

Rúa do Restollal, 50, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

Santiago de Compostela (A Coruña)

Vigo

Departamento de Deportes

R/ Gran Vía, 28, Vigo, Pontevedra

Vigo (Pontevedra)

c) Prazo extraordinario de inscrición: por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos establecidos. Con todo e para todas aquelas que por causas alleas á organización non poidan formalizar a súa inscrición antes do 10 de febreiro, terán a opción de realizala do 11 ao 13 de febreiro, cun incremento na cota de participación de 10 €, polo que a cota de participación sería de 25 €.

e) Non se aceptarán inscricións fóra dos prazos establecidos.

f) Cota da inscrición

Carreira

Do 10 de novembro ao 10 de febreiro

Prazo extraordinario: do 11 de febreiro ao 13 de febreiro

Medio Maratón Coruña 21

15 €

25 €

g) Bonificacións: 50% para maiores de 65 anos, posuidores/as do carné xove e persoas paradas.

Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@carreirasgalegas.com

  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
  • Posuidores/as do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
  • Persoas paradas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.

O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 24:00 horas de día 10 de febreiro do 2018.

Devolución parcial da cota de inscrición

Só se accederá á devolución parcial da inscrición, en caso de lesión ou enfermidade, se se presenta ou envía un certificado médico na Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín Díaz, nº 1 - Edificio Federacións. 15008 A Coruña).

O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do certificado médico:

  • O 75% da cota se se presenta unha semana antes da realización da proba.
  • ou o 50% se se presenta despois desa data.

En caso de non presentar o citado certificado, non se realizará ningún reembolso.

Para outros supostos xustificados, a organización valorará se procede a devolución parcial da cota.

Categorías

Categoría Data de nacemento
Júnior 1999 e 2000
Promesa

1996, 1997 e 1998

Sénior desde 1995 e anteriores ata veteranos
Veteranos 1 de 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 2 de 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 3 de 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 4 de 50 a 54 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 5 de 55 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 6 de 60 a 64 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 7 de 65 anos cumpridos o día da proba en diante

Discapacitados/as en cadeira de rodas

Nados/as en 1996 e anos anteriores

Atletas con discapacidade: en cumprimento do previsto no artigo 16 e 51.6 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con discapacidade.

Entrega de dorsais e chips

Proximamente informarase do lugar de entrega que será os seguintes días:

  • Venres 16 de febreiro
  • Sábado 17 de febreiro
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?